Yamuna
Yamuna
ou Jamna Río de India, afluente do Ganxes pola dereita con 1.375 km de percorrido. Nace nos contrafortes meriodionais do Himalaia, ao N do estado de Uttar Pradesh, e, en dirección N-SL, pasa por Delhi, Mathurā e Agra, e despois de recibir, pola dereita, o Chambal, o Sind, o Betwa e o Kēn, únese ao Ganxes en Ilahābād.