"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Caldea ou aos caldeos.
-
Individuo do pobo semita dos caldeos.
-
Pobo semita establecido en Mesopotamia a partir do s IX a C. Habitaron na antiga Sumer e organizáronse en clans cun xefe que nalgunhas ocasións asumía a hexemonía. Constituíron a base do alzamento babilónico contra a dominación asiria, coa dinastía chamada caldea ou neobabilónica que se estableceu a partir do 625 a C con Nabopolasar. Sobreviviu ao Imperio Asirio e durou ata o 539 a C.
-
Nome antigo do arameo que se substituíu polo actual acadio. No s XIX este termo designaba a lingua cuneiforme e despois foi substituído por outros de acordo coas épocas ou rexións, como sumerio, asirio e babilónico.
-
-
-
Igrexa cristiá siríaca oriental, chamada tamén asiria ou nestoriana, formada polos cristiáns do antigo imperio parto-sasánida. O termo aplícase máis en concreto ás comunidades desta igrexa que se uniron a Roma a partir do s XVI, que están agrupadas desde 1830 baixo o patriarcado de Babilonia dos Caldeos.
-
Membro da igrexa caldea.
-
-
-
Rito siríaco oriental practicado pola rama católica. De orixe antíoca, tivo como centro principal Edesa. Estendeuse a través da Igrexa Caldea por Mesopotamia e Persia, chegando ata China e India, lugares onde aínda subsiste. De todos os ritos orientais é o que conserva un carácter máis simple e arcaico, así como un carisma fundamentalmente bíblico.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Destacou como historiador da literatura, como biógrafo e como ensaísta. Cultivou tamén a poesía, a novela e o teatro. Publicou Cartea nuntii (O libro das vodas, 1933), Principii de estetica (Principios de estética, 1939), Bietul Ioanide (O pobre Ioanide, 1953), Estetică basmului (A estética do conto, 1965) e Conceptul modern de poezie (Concepto moderno de poesía, 1970), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á familia das calitricáceas.
-
Herbácea da familia das calitricáceas.
-
Familia de herbáceas da orde das calitricais constituída por un só xénero, Callitriche, que engloba unhas 35 especies de distribución subcosmopolita.
-
-
PERSOEIRO
Político inglés. Militante laborista e sindicalista, foi chanceler do exchequer (1964-1967) e líder do Labour Party (1976-1980). En 1976 sucedeu a J. Harold Wilson como primeiro ministro. O seu goberno estivo marcado pola recesión económica de 1973 e polas malas relacións cos sindicatos, causadas pola austeridade das súas medidas económicas. Dimitiu a causa da vitoria conservadora nas eleccións de 1979 que levaron ao poder a Margaret Thatcher. Substituíuno á fronte do partido laborista Michael M. Foot en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo protestante irenista. Coñecido co nome de Calixtus, desde 1614 foi profesor de teoloxía en Helmstedt, onde elaborou o sistema do sincretismo que procuraba reconciliar os luteranos, os calvinistas e os católicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político absolutista. Iniciou a súa andaina política con Manuel Godoy e baixo a protección de Lardizábal, do que foi secretario. Ao entrar os Cen Mil Fillos de San Luís (1823) na Península, foi nomeado secretario da rexencia absolutista e ministro de Gracia e Xustiza (1823-1832). Trala morte de Fernando VII exiliouse, despois de apoiar a sucesión ao trono de Carlos María Isidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Exerceu como oficial letrado do consultorio xurídico do Consejo de Trabajo e como secretario xeral da Cámara Oficial del Libro, en Madrid. Publicou, entre outras obras, Apuntes de derecho político y administrativo (1920), Don Severo. Meditaciones de un jefe de negociado, Ribanova (Una vez era un pueblo...), Historias de suicidas e El libro español en América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou enxeñería de camiños en Madrid. Iniciou a súa andaina política como procurador en Cortes (1971-1975) e, nos primeiros gobernos da transición, foi ministro de Comercio (1975-1976) e de Obras Públicas (1976-1977). Foi un dos fundadores da Unión de Centro Democrático (UCD), gañadora nas eleccións xerais de 1977, e ocupou a carteira de Relacións coa CEE (1978-1980) e a vicepresidencia para Asuntos Económicos (1980-1981). Trala moción de censura presentada contra Adolfo Suárez, accedeu á presidencia do goberno (1981-1982). Entre 1977 e 1986 foi deputado por Madrid no Congreso de los Diputados. Foi membro do Parlamento europeo de 1986 a 1987. Publicou Memoria viva de la transición (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pedra preciosa tallada en relevo e colocada sobre un fondo co que contrasta.
-
Pintura dunha soa cor, normalmente siena, con dous ou tres tons.
-
Gravado en negro estampado sobre unha forma en cor que actúa como soporte e apoio, e que emprega dúas pranchas.
-
-
-
Réptil dos xéneros Chamaeleo e Brookesia, da familia dos camaleónidos, de corpo comprimido lateralmente e a cabeza, tetragonal, adornada cunha serie de cristas, pregaduras ou cornos. Os globos oculares, con capacidade para moverse de xeito independente, sobresaen aos lados da cabeza e poden proporcionar visión binocular. Aínda que o tamaño medio dos camaleóns oscila entre 15 e 30 cm, algunhas especies de Madagascar acadan os 80 cm. A pel é granulada, a cola prénsil, con capacidade para soportar o peso do corpo, e as extremidades son longas e finas, cos dedos dispostos a xeito de tenaces para aferrar as pólas. Capturan o alimento coa punta adhesiva da lingua, que poden proxectar a unha distancia superior á do corpo do animal. O tamaño da presa varía segundo o camaleón, e así as especies de menor porte aliméntanse fundamentalmente de insectos mentres que as maiores poden capturar réptiles, aves e mamíferos pequenos. Son ovíparos e depositan, normalmente, ata 30 ovos ocultos...
-
Persoa que cambia de opinión ou actitude para adoptar, segundo as ocasións, a máis vantaxosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral situada ao S de Carena e ao O da Ave do Paraíso. Foi introducida na Uranometria de J. Bayer en 1603.
-
-
Relativo ou pertencente ao camaleón.
-
Referido ao que muda de opinión ou de actitude para adoptar, segundo as ocasións, aquela máis vantaxosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos camaleónidos.
-
Réptil da familia dos camaleónidos.
-
Familia de réptiles á que pertencen os camaleóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cambalear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación teatral ambulante, característica dos Séculos de Ouro casteláns, formada por cinco homes e unha muller, que representaba un repertorio limitado, composto por comedias, autos e entremeses, segundo recolle Agustín de Rojas na súa obra Viaje entretenido (1603).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
teáceo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como León Felipe, na súa xuventude estudiou farmacia, profesión que abandonou pola de actor e, posteriormente, pola de profesor de literatura nos EE UU. Despois dunha estadía en España, exiliouse en 1938 a México. Na súa produción, a rebelión expresada en Versos y oraciones del caminante (1920-1929) e Drop a star (1933), radicalizouse nos libros, produto da Guerra Civil española e do exilio, El payaso de las bofetadas (1938), El hacha (1939), Español del éxodo y del llanto (1939), El gran responsable (1940) e Ganarás la luz (1943). Publicou, ademais, Antología rota (1947), Llamadme republicano (1950), El ciervo (1954), Belleza cruel (1958) e Oh este viejo y solo violín! (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á familia das campanuláceas.
-
Herba ou arbusto da familia das campanuláceas.
-
Familia de herbáceas ou arbustos da orde das campanulais, constituída por unhas 1.200 especies, propias das rexións temperadas do hemisferio norte, especialmente de Europa e do N de África, con algúns representantes no hemisferio sur. Pertencen a esta familia as borlas azuis, as campaíñas e as escurripas.
-
-
-
Conxunto de probas organizadas nun xogo ou deporte de acordo cunha determinada regulamentación e cunha periodicidade convencional, nas que varios equipos ou participantes se disputan o título de campión.
-
Superioridade conseguida nas probas dun campionato.
-