"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
PERSOEIRO
Político ruso. Presidiu a derradeira Duma (1911-1917) e, ao producirse a Revolución de Febreiro de 1917, buscou a abdicación do tsar e un pacto cos socialistas. O triunfo bolchevique fíxoo fuxir a Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo. Cultivou os temas folclóricos e históricos dentro dun estilo decorativista e adheriuse ao grupo Mir Iskusstva. Como escenógrafo colaborou cos ballets de Diaghilev.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e arqueólogo ucraíno. Realizou diversas viaxes de estudo á Rusia meridional, pero coa Revolución Rusa marchou a EE UU (1918) e naturalizouse estadounidense. Foi profesor nas universidades de Wisconsin (1920-1925) e Yale (1925-1944). Das súas obras destacan Iranians and Greeks in South Russia (1922), The Social and Economic History of the Roman Empire (1926), A History of the Ancient World (1926-1928) e The Social and Economic History of the Hellenistic World (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violoncellista e director de orquestra acerbaixano. Formouse en Moscova, Sostakovic, Gliere e Britten. Director de orquestra desde 1968, dirixiu a Orquestra Sinfónica Nacional de Washington (1977-1994). Estreou a Sinfonía Concertante en mi menor, opus 125 (1952), de Sergej Prokof’ev, a Cello Simphony (1963) e a Sonata para violocello e piano (1961), de Benjamin Britten. En 1990 foille restablecida a cidadanía soviética, perdida en 1978 por negarse catro anos antes a actuar no seu país ata que existise liberdade artística. Deu numerosos concertos benéficos, dos que destacan os celebrados pola paz en Berlín (1989), tras a caída do muro, e ese mesmo ano en Rusia. Recibiu o Premio Lenin (1963) e o Premio Príncipe de Asturias da Concordia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Rubiales.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Véneto, Italia (48.179 h [2001]). Situada no centro de Polesine, as súas rúas desenvolvéronse en círculo a partir das defensas en pentágono do antigo castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Véneto, Italia (1.789 km2; 240.102 h [2001]). A súa capital é Rovigo.
-
GALICIA
Militar. Foi profesor de química na Academia Militar de Segovia e na Escuela Superior de Guerra. En 1890 marchou voluntario a Filipinas onde contribuíu á pacificación de Minolanao e posteriormente participou na Guerra de Independencia de Filipinas. Regresou en 1899 co grao de tenente coronel por méritos de guerra. Publicou Anomalías de los explosivos modernos (1809).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xornalista. De ideas conservadoras, foi deputado nas Cortes polos distritos de Ribadeo (1907-1910) e da Pobra de Trives (1919-1923). Traballou nos xornais El Correo, El Español e Diario de Barcelona. Publicou El Campesino gallego (1904), Tierra balear. Esbozos mallorquines (1913), Hirmandade! Poemiña de revolta (1918), de carácter agrarista, e Cartas son cartas (1949). Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz del Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Seguidor da poesía publicista, das súas obras destacan Flagi vesny (Bandeiras de primavera, 1955), Neobycajnye ostrova (Illas non vulgares, 1962), Radar serca (Radar do corazón, 1971) e Golos Goroda (A voz da cidade).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e enxeñeiro ruso. Coñecido como A. N. Aronov, escribiu diversos contos e relatos para rapaces. Interesouse polos aspectos morais e éticos da persoa, e as relacións entre o home e a sociedade. Destaca a triloxía Os fillos de Arbat, O terror e A area pesada, e a súa novela de posguerra Os condutores (1950) obtivo o Premio Estatal 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Barcelona 11.7.1916) Escritora. Coñecida como María Ecín, escribiu novelas cunha forte pegada relixiosa, aínda que con momentos satíricos. Destacan Carretera intermedia (1956), Adagio confidencial (1973), La gangrena (1976, Premio Planeta), El volumen de la ausencia (1983, Premio Ateneo de Sevilla), La danza de los salmones (1985, Premio Planeta), El secreto de las flores (1997), La voz del árbol (1998), Los clamores del silencio (2000) e El último laberinto (2004, Premio Fernando Lara). Recibiu a Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio (1999).
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. A súa obra pon de manifesto a influencia de V. G. Belinskij, dos socialistas utópicos franceses e de M. V. Petraševskij. Dos seus escritos destacan Gubernskie očerki (Artigos de provincias, 1856) e Gospoda Golovl’ovy (Os señores Golovliovi, 1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo ruso. Coñecido como Leon Baks, foi un dos fundadores do grupo Mir Isskusstva que se opoñía ao realismo dos Ambulantes. Incorporouse aos Ballets Rusos de D’agilev e realizou os decorados e figurinos de L’Oiseau de feu e Shéhérezade (1910) e La belle au bois dormant (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento insular de Colombia (44 km2; 73.465 h [estim 2000]). A súa capital é San Andrés (49.154 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao NL da capital provincial (1.766 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sanguiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea Contuci.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iacopo Tatti.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.410 h [2001]). Ten agricultura de secaño e actividades industriais do sector vinícola, metalúrxico e químico. É un centro de segunda residencia e veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO