Rostovcev, Mikhail Ivanovič

Rostovcev, Mikhail Ivanovič

Historiador e arqueólogo ucraíno. Realizou diversas viaxes de estudo á Rusia meridional, pero coa Revolución Rusa marchou a EE UU (1918) e naturalizouse estadounidense. Foi profesor nas universidades de Wisconsin (1920-1925) e Yale (1925-1944). Das súas obras destacan Iranians and Greeks in South Russia (1922), The Social and Economic History of the Roman Empire (1926), A History of the Ancient World (1926-1928) e The Social and Economic History of the Hellenistic World (1941).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kiev

  • Deceso

    Lugar : New Haven