"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que se ocupa dos organismos que viviron na Antigüidade e intenta coñecer, a través dos vestixios que quedaron deles, os fósiles e os aspectos biolóxicos, deixando de lado os xeolóxicos. Á parte da sistemática e da evolución, a paleobioloxía ocúpase tamén da bioquímica, da fisioloxía, do comportamento, da ecoloxía e, en xeral, de todos os aspectos de estudo biolóxico dos seres vivos antigos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo dos paleoclimas ao longo dos tempos xeolóxicos e das causas das súas variacións. Emprega unha serie de indicadores paleoclimáticos, é dicir, uns fenómenos xeolóxicos que dependeron parcialmente do clima, en que a súa interpretación se fai por similitude cos fenómenos actuais, de métodos físicos, como é o da determinación das paleotemperaturas, que se basea na relación de isótopos de osíxeno 18O/16O. As evidencias paleoclimáticas poden ser biolóxicas, litolóxicas ou morfolóxicas. Establecéronse diversas hipóteses sobre as causas dos cambios climáticos, e as principais baséanse nas variacións da radiación solar de longa duración, nas variacións orbitais periódicas da Terra ou en causas terrestres, como o efecto das grandes oroxéneses, variacións da salinidade mariña que modificaron as correntes oceánicas e polo tanto o equilibrio térmico ou migración dos polos magnéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da ecoloxía que estuda a relación dos fósiles co medio en que vivían.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as pegadas que deixan os organismos antigos e que se conservan nas rochas. A análise das pegadas antigas representa unha contribución importante ao coñecemento dos antigos organismos desprovistos de esqueleto e fornece información sobre o comportamento dos animais antigos e a súa contribución á sedimentación. En sucesións sen fósiles, as pegadas antigas poden cumprir o seu papel na análise estratigráfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das culturas antigas e das súas linguas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da paleontoloxía que estuda os mamíferos fósiles. É moi importante na análise estratigráfica dos terreos terciarios e cuaternarios.
-
-
Ciencia que estuda os fósiles, é dicir, os restos de animais e vexetais do pasado que permaneceron soterrados nas capas xeolóxicas. A paleontoloxía presenta dúas vertentes: a paleontoloxía estratigráfica, que estuda obxectivamente os fósiles e con eles determina a idade relativa das capas xeolóxicas, e a paleontoloxía biolóxica, ou paleobioloxía, que observa e determina os fósiles como restos duns seres que viviron nun pasado máis ou menos remoto. A paleontoloxía ten métodos propios e afástase tanto da xeoloxía como da bioloxía no senso estrito das dúas disciplinas. En efecto, ten que ver cuns restos que xa non teñen vida, que soamente dan, polo xeral, unha idea parcial do animal ou do vexetal conservados. É moi rara a conservación de fósiles completos, como é o caso dos mamuts e rinocerontes siberianos ou dos insectos encapsulados no ámbar do Báltico. O paleontólogo ten que reconstruír, co que atopa, a totalidade do animal ou do vexetal, mesmo as partes brandas, que polo xeral desaparecen...
-
Disciplina que ten por finalidade a reconstrución de fenómenos culturais, étnicos ou sociais dos pobos antigos dos que non queda ningún testemuño histórico, mediante os datos que proporcionan as súas linguas, moitas veces coñecidas unicamente por topónimos e inscricións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das doenzas que poden ser descubertas nos restos humanos ou animais dos tempos antigos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo dos solos das épocas xeolóxicas pasadas que inclúen a determinación das súas idades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Psicoloxía que estuda o inconsciente colectivo, os seus mitos máis antigos e as súas pegadas no inconsciente individual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a historia xeolóxica, ou as características fisiográficas dun período xeolóxico anterior a un tempo determinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da paleontoloxía que estuda os animais fósiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda o pole e as esporas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de selección nos cruzamentos entre os individuos de diferente sexo dunha poboación. Dáse cando todos os individuos comparten a mesma probabilidade de apareamento, todas as parellas teñen a mesma fecundidade e todos os descendentes teñen a mesma viabilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de facer figuras dobrando o papel. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os papiros escritos. Forma parte da codicoloxía e da paleografía. Inclúe tamén os óstrakon e mesmo os pergameos atopados en escavacións. A papiroloxía divídese en antiga e medieval. A antiga máis relevante foi a grecorromana, especialmente a grega, que é a mellor representada, con miles de manuscritos. Ademais desta, comprende tamén os manuscritos xeroglíficos, hieráticos, demóticos, coptos e arameos, entre os que sobresaen os de Elefantina (s V a C). Da papiroloxía medieval, ademais dalgúns códigos e documentos merovinxios, os papiros máis importantes son os papais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno da lectura que se caracteriza pola substitución das palabras do texto por palabras sen sentido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cerimonia relixiosa que non está prevista nos libros oficiais, pero que se organiza máis ou menos segundo o modelo dunha celebración litúrxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise da metade inferior do corpo, case sempre debida a lesións da medula espiñal ou das raíces raquídeas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
metapsíquica.