paleobioloxía
paleobioloxía
(< paleo- + bioloxía)
s
f
[PALEONT/BIOL]
Ciencia que se ocupa dos organismos que viviron na Antigüidade e intenta coñecer, a través dos vestixios que quedaron deles, os fósiles e os aspectos biolóxicos, deixando de lado os xeolóxicos. Á parte da sistemática e da evolución, a paleobioloxía ocúpase tamén da bioquímica, da fisioloxía, do comportamento, da ecoloxía e, en xeral, de todos os aspectos de estudo biolóxico dos seres vivos antigos.