paleobioxeografía
paleobioxeografía
(
s
f
[PALEONT/BIOL/XEOG]
Ciencia que estuda a distribución antiga dos seres vivos e a dinámica do seu cambio xeográfico nas eras xeolóxicas. Trata de identificar a composición biótica das rexións nos diferentes tempos xeolóxicos e de buscar as razóns desta distribución dos organismos que depende do lugar de orixe dos diversos taxons, das súas capacidades migratorias, dos condicionamentos xeográficos para a dispersión, e tamén dos parámetros que definen o medio en que viven ou poden vivir os organismos.