paleoantropoloxía

paleoantropoloxía

(

s f [PALEONT/ANTROPFÍS]

Rama da antropoloxía que estuda os homínidos, os primates fósiles e a súa evolución. Emprega conceptos e métodos da antropoloxía física, a anatomía comparada e a teoría da evolución. Para interpretar os restos de ósos e de utensilios fósiles utilízanse a etnoloxía e a arqueoloxía, e para datar os fósiles recórrese á análise dos estratos xeolóxicos e á proporción de radioisótopos.

Palabras veciñas

Paleo | paleo- | paleoacantocéfalo -la | paleoantropoloxía | paleobatimetría | paleobioloxía | paleobiolóxico -ca