"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Paio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alcohol acíclico monoetilénico formado por catro grupos de isopreno. Prodúcese na hidrólise da clorofila e forma parte tamén das vitaminas E e K1.
-
-
Relativo ou pertencente ás fitolacáceas.
-
Planta da familia das fitolacáceas.
-
Familia de plantas, pertencente á superorde das cariofilais. Presenta follas alternas, flores, as máis das veces unisexuais, pouco vistosas, de cinco tépalos, e ovario súpero de 5 ou 10 carpelos; e froitos en cápsula, aquenio ou baga. A esta familia pertencen o ombú e a Phytolacca americana, denominada comunmente como herba carmín, que está presente en Galicia como naturalizada, en lugares despexados e bordos de camiños, e que durante un tempo se cultivaba para empregar os froitos como colorante do viño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción mineral que se localiza nos tecidos de certas plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en fitoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioloxía que estudia os vexetais, coñecida comunmente como botánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte vexetal da biomasa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de metal, pedra ou outro material, que se usa para xogar ao fito.
-
-
Conxunto de fitónimos.
-
Rama da onomástica que estudia a orixe e a significación dos fitónimos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de planta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paleobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as enfermidades das plantas. Xeralmente, a fitopatoloxía restrinxe o seu campo ás enfermidades que causan os virus, os parasitos vexetais (bacterias, fungos ou plantas superiores), os nematodos e os factores ambientais, e deixa para a entomoloxía e a zooloxía aplicadas as enfermidades causadas por artrópodos, moluscos e vertebrados. O nacemento da fitopatoloxía como ciencia tivo lugar na primeira metade do s XIX, grazas ao desenvolvemento da micoloxía e da entomoloxía e ás primeiras probas de control químico. No ano 1807 J. L. Prévost probou conclusivamente que a carie do trigo se debía a un fungo, Tilletia tritici, que produce unhas esporas que se podían destruír pola acción do sulfato de cobre. Os traballos de H. A. de Bary e doutros destacados fitopatólogos da segunda metade do s XIX levaron ao descubrimento das bacterias como parasitos vexetais. No ano 1898 M. W. Beijerinck identificou o axente do mosaico do tabaco como unha entidade infecciosa diferente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Secuencia de acontecementos ao longo do proceso dunha enfermidade infecciosa dos vexetais, que comeza polo contacto do axente patóxeno co hospedeiro receptivo, continúa cun período de incubación e remata coa aparición dos primeiros síntomas e a posterior multiplicación do patóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plancto constituído por organismos vexetais, fundamentalmente algas microscópicas, que son os produtores primarios do medio. Presenta capacidade de fotosíntese e é de grande importancia para a alimentación doutras formas de vida acuática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que estudia as substancias producidas polos vexetais, como alcaloides, glucósidos, aceites esenciais, resinas ou graxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia ou ao produto que se emprega coa intención de curar unha enfermidade das plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fitocenólogo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fitocenoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fitocenolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de cada un dos alcois de alto peso molecular que se illan das plantas e que teñen uns 30 átomos de carbono.