fitolacáceo -a

fitolacáceo -a

(< Phytolacca, xénero de plantas, + -áceo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás fitolacáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das fitolacáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas, pertencente á superorde das cariofilais. Presenta follas alternas, flores, as máis das veces unisexuais, pouco vistosas, de cinco tépalos, e ovario súpero de 5 ou 10 carpelos; e froitos en cápsula, aquenio ou baga. A esta familia pertencen o ombú e a Phytolacca americana, denominada comunmente como herba carmín, que está presente en Galicia como naturalizada, en lugares despexados e bordos de camiños, e que durante un tempo se cultivaba para empregar os froitos como colorante do viño.

Palabras veciñas

fitoira | Fitoiro | fitol | fitolacáceo -a | fitólito | fitólogo -ga | fitoloxía