fitolacáceo -a
fitolacáceo -a
(< Phytolacca, xénero de plantas, + -áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente ás fitolacáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das fitolacáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, pertencente á superorde das cariofilais. Presenta follas alternas, flores, as máis das veces unisexuais, pouco vistosas, de cinco tépalos, e ovario súpero de 5 ou 10 carpelos; e froitos en cápsula, aquenio ou baga. A esta familia pertencen o ombú e a Phytolacca americana, denominada comunmente como herba carmín, que está presente en Galicia como naturalizada, en lugares despexados e bordos de camiños, e que durante un tempo se cultivaba para empregar os froitos como colorante do viño.