"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación dunha vea ou de parte dunha vea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coágulo de fibrina incrustado de sales calcarios, que se atopa ás veces no interior das veas, sobre todo nas varicosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión realizada nunha vea, especialmente para practicar unha sangría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para practicar flebotomías.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. En 1910 comezou a traballar no cine como axudante de cámara e director de fotografía de Allan Dwan, Douglas Fairbanks e David W. Griffith. En 1919 iniciou a súa carreira como realizador, na que destacan películas como To the Last Man (1923), The Call of the Canyon (1923), The Rough Riders (O escuadrón de ferro, 1927), The White Sister (A irmá branca, 1933), Treasure Island (A illa do tesouro, 1934), Captains Courageous (Capitáns intrépidos, 1937), The Wizard of Oz (O mago de Oz, 1939), Gone with the Wind (Foise co vento, 1939), Dr. Jekyll and Mr. Hyde (O estraño caso do doutor Jekyll, 1941) ou Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de florecer.
-
florescencia.
-
-
PERSOEIRO
Economista. Ocupou diversos cargos no Ministerio de Facenda e durante a República representou o goberno en CAMPSA e no Banco de España. Escribiu Sobre una dirección fundamental de la produción rural española (1926) e Ditamen de la Comisión para el estudo de la implantación del patrón oro (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e militar. Capitán xeneral de Ferrol (1771-1776), foi vicerrei de Nova Granada (1776-1782) e de Nova España (1787-1789), onde realizou unha pequena reforma da facenda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1904). A Academia de España outorgoulle unha bolsa e residiu en Roma. Ao seu regreso nomeárono arquitecto conservador do Teatro Real de Madrid (1915) e ingresou na dirección xeral de Primeiro Ensino do ministerio de Instrución Pública e Ensino como arquitecto escolar. As súas construcións escolares caracterizáronse pola funcionalidade e polo emprego de materiais modestos, como o ladrillo, pero dende un punto de vista racionalista. Entre outras obras destacan os grupos escolares Cervantes (1910-1914) e Príncipe de Asturias en Madrid, os pavillóns xemelgos da Residencia de Estudiantes (1913-1914) e o pavillón de párvulos do Instituto Escuela; interveu tamén nos edificios das escolas normais de mestres de Granada, Valladolid e León. No eido da conservación arquitectónica traballou na mesquita de Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á floricultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Camos (Nigrán). Ten planta en escuadro con baixo e piso. Conserva unha escaleira con patín. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Troncoso e Soutomaior. Ten un portón arquitrabado con ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que comunica o golfo de México co Atlántico, situado entre a península de Florida, nos EE UU, e as illas de Cuba e das Bahamas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lenda áurea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento editado polo impresor burgalés Juan de Bobadilla en Santiago de Compostela, posiblemente en 1483. Consta de 228 follas de tamaño folio, con letra gótica dun só tamaño, distribuído en dúas columnas de 37 liñas cada unha. Consérvase na Library of Congress, en Washington D C.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Estudiou en París con A. Reicha. Escribiu un gran número de óperas e ballets.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia hipotética postulada por G. E. Stahl a finais do s XVII para explicar a combustión, a calcinación dos metais, a respiración, a fermentación e a putrefacción. A teoría do floxisto foi a reformulación científica do antigo principio do lume. Segundo Stahl, o floxisto formaba parte de todas as substancias combustibles ou transformables pola calor e desprendíase ao queimalas ou calcinalas, e permitía que os óxidos se retransformasen en metais ao quentalos con carbón. Esta teoría non perdeu vixencia ata a aparición da teoría da oxidación de A. L. Lavoisier.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente antifúnxico que se sintetizou no ano 1967. É activa sobre todo contra a Candida albicans e o Aspergillus fumigatus. En medicina emprégase no tratamento das micoses internas e, asociado coa amfotericina B, é moi útil en individuos con insuficiencia renal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo extremo da serie dos apatitos, de fórmula Ca5(PO4)3. É o mineral máis corrente da serie, e por iso ás veces fáiselle referencia cando se fala de apatitos. A cor é totalmente variable e depende das impurezas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos derivados do ácido fluoroacético (CH2FCOOH). Tanto este ácido como os seus derivados descompóñense no interior do organismo e liberan ácido fluorhídrico, de xeito que actúan como velenos retardados. O fluoroacetato sódico emprégase como raticida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disimetría dos rexistros termopluviométricos das vertentes de barlovento e sotavento dunha montaña. Prodúcese pola interposición do relevo na traxectoria dunha corrente de aire, de xeito que obriga a esta a ascender en altitude para superala, o que implica un descenso de temperatura que pode chegar ao punto de condensación da auga; ao producirse a precipitación sobre a vertente de barlovento a masa de aire que chega a sotavento é seca. A persistencia de fluxos dunha compoñente determinada modifica as características de ambas as vertentes, de xeito que unha é extremadamente seca en comparación coa outra.