Fleming, Victor

Fleming, Victor

Realizador cinematográfico. En 1910 comezou a traballar no cine como axudante de cámara e director de fotografía de Allan Dwan, Douglas Fairbanks e David W. Griffith. En 1919 iniciou a súa carreira como realizador, na que destacan películas como To the Last Man (1923), The Call of the Canyon (1923), The Rough Riders (O escuadrón de ferro, 1927), The White Sister (A irmá branca, 1933), Treasure Island (A illa do tesouro, 1934), Captains Courageous (Capitáns intrépidos, 1937), The Wizard of Oz (O mago de Oz, 1939), Gone with the Wind (Foise co vento, 1939), Dr. Jekyll and Mr. Hyde (O estraño caso do doutor Jekyll, 1941) ou Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pasadena, California

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles