"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor e político. Licenciado en Dereito pola Universitat de València (1888). Mantivo unha grande actividade como orador e xornalista, fundando en 1894 o xornal El Pueblo no que comezou a publicar Arroz y tartana. A súa vinculación á Renaixença foi breve e basicamente decidida pola influencia de Constantí Llombart; despois da morte deste (1893), converteuse en inimigo do grupo valencianista de Teodor Llorente. En 1887 publicou Fantasías, leyendas y tradiciones, que respondía a unha estética romántica e a unha temática historicista. Dende moi novo comprometeuse coa política republicana de Pi i Margall; foi deputado a Cortes tres veces consecutivas e a súa acción política alcanzou unha forte repercusión popular, sendo o blasquismo o sector máis dinámico do republicanismo valenciano. Enfrontouse politicamente coa disidencia do seu colaborador Rodrigo Soriano, que provocou incidentes de extrema violencia; finalmente, en 1908 abandonou a política....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e xornalista. Foi o cineasta máis importante da Italia fascista con obras como Il Caso Haller 1860 (O asunto Haller 1860, 1933), sobre a epopea de Garibaldi, e Quattro passi fra le nuvole (Catro pasos entre as nubes, 1942); iniciou así a súa filmografía de posguerra, que desenvolve unha temática costumista. Estivo influído tamén polo cine histórico e polo neorrealismo. Todas as correntes e escolas do cine italiano se concentran na súa produción filmográfica. Realizou, entre outras películas: Sole (Sol, 1929), Europa di notte (Europa de noite, 1958) e Simon Bolivar (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pertencente ou relativo ao Fútbol Club Barcelona, polas cores azul e vermella escura, características do seu uniforme deportivo, o seu escudo e a súa bandeira.
-
PERSOEIRO
Escritor letón. Autor de narracións e dramas cunha lingua moi traballada e cunha detallada observación psicolóxica. Entre as súas obras destacan a novela curta Romeo un Julija (Romeo e Xulieta, 1897) e o drama Indrāni (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da literatura e filólogo. Especialista na poesía castelá do Século de Ouro, publicou a edición crítica de toda a poesía de Quevedo (1969-1981), Herrera (1975) e Lope de Vega (1981). É tamén autor de Sobre el rigor poético en España y otros ensayos (1977) e La vida como discurso (1981). No ano 1993 recibiu o Premio Menéndez y Pelayo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filólogo. Na súa obra máis coñecida A comparative grammar of South African languages (Unha gramática comparativa sobre as linguas de Sudáfrica), establece unha comparación tipolóxica entre o bantú e o hotentote.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coas súas obras El cantar de la noche (1935) e Sonetos amorosos (1936) contribuíu á formación do movemento poético garcilasista, caracterizado pola volta ás composicións clásicas. Cómpre subliñar tamén a publicación de Más allá de las ruinas (1947) e La mutua primavera (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu novelas sobre a vida chilena como Martín Rivas (1862), El ideal de un calavera (1863), e outras como Los trasplantados (1904) e El loco Estero (1909), de recordos autobiográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. É autor de diversas obras como Poesías (1854) e Armonías (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Axudante de dirección e realizador cinematográfico. Presentou unha xeración de novos actores como Moiou-Miou, Depardieu e Dewaere, en Les valseuses (Corazóns tolos, 1973). Estivo influído polo Surrealismo, tal e como amosa en Buffet froid (Buffet frío, 1979) e preocupouse pola homosexualidade en Tenue de soirée (Obrigada á noite, 1986) e na produción Trop belle pour toi (Demasiado bela para ti, 1989). Realizou ademais Préparez vos mouchoirs? (Teñen preparados os seus panos?, 1978), gañadora dun Oscar á mellor película estranxeira e Mon homme (O meu home, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista danés. Publicou traballos de Dialectoloxía e, sobre todo, de Sintaxe; entre eles cómpre destacar L’ordre des mots en français moderne (A orde das palabras en francés moderno, 1928 e 1933) e Le problème da la transitivité en français moderne (O problema da transitividade no francés moderno, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor de orixe xudía. Iniciouse no xornalismo, sobre todo con novelas nas que describía tipos xudeus como en Lévy (1910) e Et Cle (1918), pero evolucionou cara ao marxismo. Cómpre subliñar, entre as súas obras, a novela Sybilla (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Escribiu a súa tese de Dereito titulada L’emploi des loisirs ouvriers et l’education populaire (O emprego dos traballadores do ocio e a educación popular, 1935). Exerceu diversos cargos dentro da administración civil. Intentou definir unha nova empresa adaptada ás transformacións recentes experimentadas pola economía neocapitalista, na que os sindicatos, por medio da participación, deixarían de ser órganos de defensa dos intereses de clase para converterse no vehículo de integración no sistema. As súas obras máis importantes son: Pour une réforme de l’entreprise (Para unha reforma da empresa, 1963) e A la recherche d’une économie concertée (Á busca dunha economía concertada).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo ruso. A partir de Stikhi o Prekrasnoj Dame (Versos a unha bela dama, 1904) converteuse no principal poeta simbolista ruso. Unha vez fracasada a revolución do 1905, derivou cara ao pesimismo e a sátira, como nos dramas líricos Balagančik (O barracón dos saltimbanquis, 1906) e Roza i Krest (A rosa e a cruz, 1913). En Dvenatcat’ (Os doce, 1918) e Škify (Os escitas, 1918) presenta unha visión mesiánica e moi persoal da revolución do 1917.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Graduouse na Universidade de Moscova no ano 1930 e foi profesor dela dende o 1936 ata o 1956. Ata o 1965 foi director do Instituto de Investigación Nuclear de Dubna. Estudiou as reaccións en cadea e a física das partículas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e enxeñeiro. Estableceu a clasificación das magnitudes fundamentais da fotometría e escolleu as diversas unidades. Investigou a teoría de alternadores e motores síncronos, e as liñas de condución. No ano 1893 inventou o oscilógrafo de bobina móbil, e no 1909 proxectou a maquinaria da central de Gorges du Rhône de Génissiat. Interesouse tamén pola radioelectricidade, creou os primeiros radiofaros e escribiu, entre outras obras, Les transmissions électriques d’énergie (As transmisións eléctricas de enerxía, 1898) e Théorie des moteurs synchrones à courants alternatifs (Teoría dos motores síncronos en correntes alternativas, 1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e urbanista. Abriu en París unha escola de Arquitectura que dirixiu dende 1743 ata o seu ingreso como profesor na Académie Royale de l’Architecture. Académico en 1756 e teórico influente, defendeu a pureza clásica fronte ao gusto pola ornamentación. Do construído por el só se conservan tres alas da Praza de Armas de Metz. Das súas publicacións destacan: Distribution des maisons de plaisance (Distribución das casas de recreo, 1737), L’Architecture française (A arquitectura francesa, 1752-1756), Discours sur la nécessité de l’étude de l’architecture (Discurso sobre a necesidade do estudo da Arquitectura, 1754) e Cours d’Architecture (Curso de Arquitectura, 1771-1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, enxeñeiro e urbanista. No seu Cours d’architecture (Curso de Arquitectura, 1675-1683), defendeu o clasicismo arquitectónico. É autor, en París, do arco de triunfo bautizado como Porte de Saint Denis (1671-1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Formou parte do grupo Nova Dereita da narrativa francesa coas súas novelas L’Europe buissonnière (A Europa de monte, 1949), Les enfants du Bon Dieu (Os nenos do Bo Deus, 1952) e L’humeur vagabonde (O humor vagabundo, 1955), Un singe en hiver (Un mono en inverno, 1959), Monsieur Jadis (Señor Jadis, 1970) e os relatos de Quat’ saisons (1975) reflicten o seu espírito bohemio. Cultivou tamén o ensaio coa obra Certificats d’études (Certificados de estudios, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo antifranquista constituído por exiliados galegos en Toulouse a finais de 1944. Estivo composto por representantes de Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Comunista de España (PCE), Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Unión General de Trabajadores (UGT), así como por algúns membros do Partido Galeguista. Estaba presidida por Manuel Portela Valladares. De influencia comunista, pretendeu reivindicar a pervivencia da Fronte Popular como institución legal e democrática na que os dereitos de Galicia estivesen representados. Ata 1947 editou en París un boletín bilingüe, Galiza, no que colaboraron entre outros Enrique Líster, Castelao e César Alvajar.