Bloque Repubricán Nacional Galego

Bloque Repubricán Nacional Galego
Nome científico: [BRNG]

Organismo antifranquista constituído por exiliados galegos en Toulouse a finais de 1944. Estivo composto por representantes de Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Comunista de España (PCE), Partido Socialista Obrero Español (PSOE), Unión General de Trabajadores (UGT), así como por algúns membros do Partido Galeguista. Estaba presidida por Manuel Portela Valladares. De influencia comunista, pretendeu reivindicar a pervivencia da Fronte Popular como institución legal e democrática na que os dereitos de Galicia estivesen representados. Ata 1947 editou en París un boletín bilingüe, Galiza, no que colaboraron entre outros Enrique Líster, Castelao e César Alvajar.

Palabras veciñas

Bloque Nacional | Bloque Nacional-Popular Galego | Bloque Nacionalista Galego | Bloque Repubricán Nacional Galego | bloqueador -ra | bloquear | bloqueo