Bloque Nacional
Bloque Nacional
Nome científico:
[BN]
Agrupación política de dereitas fundada o 10 de decembro de 1934 baixo a dirección de Xosé Calvo Sotelo. Agrupaba os membros de Renovación Española, certos colaboradores da revista Acción Española e algúns tradicionalistas. O seu órgano propagandístico foi La Nación. A ideoloxía do BN propugnaba unha monarquía forte de base non parlamentaria, un estado corporativo cunha representación orgánica da sociedade e un exército capaz de garantir a orde institucional. Os maiores apoios do BN estaban en Galicia, sobre todo en Ourense, circunscrición pola que foi elixido Xosé Calvo Sotelo en febreiro de 1936, quen se amosou partidario dunha autonomía administrativa, pero non política, para Galicia.