bloque
(
-
Agrupación política de dereitas fundada o 10 de decembro de 1934 baixo a dirección de Xosé Calvo Sotelo. Agrupaba os membros de Renovación Española, certos colaboradores da revista Acción Española e algúns tradicionalistas. O seu órgano propagandístico foi La Nación. A ideoloxía do BN propugnaba unha monarquía forte de base non parlamentaria, un estado corporativo cunha representación orgánica da sociedade e un exército capaz de garantir a orde institucional. Os maiores apoios do BN estaban en Galicia, sobre todo en Ourense, circunscrición pola que foi elixido Xosé Calvo Sotelo en febreiro de 1936, quen se amosou partidario dunha autonomía administrativa, pero non política, para Galicia.
-
s
m
Masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada, xeralmente de límites externos ben definidos.
Ex: Transportou todos os bloques de cemento dunha soa viaxe. Un bloque de granito caeu do guindastre e destrozou un coche.
-
s
m
Feixe de follas de papel prensadas, empregadas xeralmente para realizar anotacións.
Ex: Anotei os números de teléfono que me deron nese bloque de notas.
-
s
m
Reunión de cousas que constitúen un todo homoxéneo e coherente.
Ex: Dividimos todos os libros en dous grandes bloques de ciencias e letras.
Confrontacións: corpo, corpo. -
s
m
Grupo de persoas ou entidades (partidos, países, etc) unidos para unha finalidade común.
Ex: Os partidos formaron un bloque moi sólido contra o terrorismo. O bloque de esquerdas votou a favor do aborto.
-
s
m
Elemento dun diagrama de bloques.
-
s
m
[COMUN]
Conxunto de anuncios dentro dun espacio publicitario enmarcado nun programa de radio ou televisión. Cada bloque vai composto por unha serie de anuncios de duración diversa. Nas canles televisivas, os anunciantes concédenlle máis valor a aqueles anuncios que aparecen na cabeceira ou ao final do bloque, debido a que os reclamos máis próximos á programación son susceptibles de seren vistos con maior atención e por maior número de persoas. OBS: Tamén se coñece co nome de bloque publicitario.
-
s
m
[ENX]
Conxunto de elementos que forman unha parte compacta dun aparello electrónico. En caso de avaría, pódese substituír facilmente o bloque avariado.
-
s
m
[FILAT]
Conxunto de selos dispostos en forma vertical ou horizontal; o máis representativo e coleccionable é o formado por catro selos.
-
s
m
[INFORM]
-
Grupo de palabras, caracteres, ou en xeral rexistros que, á hora de facer unha transferencia de datos, son tratados como unha unidade.
-
Agrupación de sentencias que actúan como unha unidade en certas linguaxes de programación.
-
-
[URBAN]
-
s
m
Edificio constituído por varias casas de estrutura e características semellantes. OBS: Tamén se denomina bloque de pisos.
-
bloque de vivendas
Conxunto de edificios contiguos (con paredes medianas ou comúns) que, dispostas segundo unhas aliñacións preestablecidas, constitúen unha illa urbana.
-
s
m
-
bloque de cilindros
[ENX]
Peza de fundición, eventualmente de aluminio, onde se mecanizan os cilindros do motor ou os aloxamentos das camisas (motores encamisados). Nos grandes motores mariños, é independente da bancada, pero nos motores de automoción acostuma constituír un só bloque con esta.
-
bloque diagrama
[XEOG]
Representación gráfica na que se visualizan simultaneamente os cortes xeolóxicos levantados ao longo das dúas dimensións dun plano e a topografía do relevo superior, indicando as relacións estruturais entre o subsolo e o devandito relevo topográfico.
-
bloque errático
[XEOG]
Pena de grandes dimensións arrincada dos flancos dun val glacial por un glaciar, transportada por este e abandonada moi lonxe do seu lugar de procedencia.
-
bloque Johansson
[METROL/TECNOL]
Peza en forma de paralelepípedo de aceiro temperado, empregada como un elemento de medida e verificación. Hai diversos xogos de bloques, con seis graos de calidade, compostos por un número variable de pezas, de valores comprendidos entre 0,5 e 100 mm, que aumentan segundo unha progresión aritmética.
-
bloque monetario
[ECON]
Acordo establecido entre diversos países, membros dun imperio colonial ou con estreitas relacións políticas ou económicas, para ligar as súas moedas a unha común non convertible en ouro. A moeda común do bloque monetario está considerada como dominante porque os cambios na súa paridade comportan necesariamente modificacións iguais nas moedas ligadas a el. A moeda dominante é tamén unha medida de valor e un medio de pagamento para as transaccións entre os países membros do bloque. O primeiro bloque monetario foi creado en 1931, despois da devaluación da libra esterlina, e foi seguido polos países que tiñan como reserva monetaria gran número de libras. Naceu así o bloque da esterlina, constituído polos países da Conmonwealth (agás Canadá), Portugal, Iraq, os países escandinavos, Irán, Arxentina, Bolivia, Perú e Siam, bloque que despois de 1939 se circunscribiu ás colonias británicas. En 1935 foi creado o bloque do dólar, entre os EE UU, Canadá, Filipinas e case todos os países sudamericanos. En 1945 Francia constituíu o bloque do franco, integrado pola metrópole, os países asociados, os territorios de ultramar e os protectorados. Fálase tamén do bloque do escudo (Portugal e as súas colonias) e o bloque do rublo, pero este último segue unha denominación pouco apropiada. A desaparición dos imperios coloniais, a creación de novas formas de cooperación monetaria internacional (Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Banco de Pagamentos Internacionais, etc) e a consolidación do dólar como a única moeda de reserva, anularon practicamente a conveniencia do establecemento de bloques monetarios.
-
bloque motor
[ENX]
Conxunto do motor, o embrague e mailo cambio de marchas formando un só corpo.
Frases feitas
-
En bloque loc adv En conxunto, ser facer distinción entre os distintos elementos ou partes. Ex: Todos os partidos acudiron en bloque á manifestación pacifista.