corpo

corpo

(< lat cŏrpu)

    1. s m

      Calquera obxecto ou substancia que está formado por unha porción limitada de materia.

      Ex: As distintas ramas da física estudian cousas tales como o movemento dos corpos celestes, o choque dos corpos elásticos ou a caída dos corpos no baleiro. 

    2. s m [MAT]

      Figura xeométrica que ten tres dimensións: lonxitude, anchura e grosor.

    3. corpo amarelo/lúteo [FISIOL]

      Formación endócrina que se desenvolve nun ovario despois de desprenderse un folículo de Graaf. Segrega proxesterona e persiste cando o óvulo resulta fecundado.

    4. corpo cavernoso [ANAT]

      Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene e do clítoris, e mais ao redor da uretra anterior masculina, que se enchen de sangue durante a fase de excitación e dan lugar á erección do órgano.

    5. corpo ciliar [ANAT]

      Engrosamento da zona vascular do ollo que une a coroide co iris. Comprende o músculo e os procesos ciliares.

    6. corpo composto [QUÍM]

      Especie química formada por máis dunha clase de átomos.

    7. corpo de Belt [BOT]

      Tecido nutricio que se desenvolve no extremo dos folíolos das plantas da familia das mimosáceas e que lles serve de alimento aos himenópteros.

    8. corpo esponxoso [ANAT]

      Estrutura eréctil e cilíndrica, de constitución trabecular, situada na cara ventral do pene, baixo o suco formado polos dous corpos cavernosos.

    9. corpo estraño [MED]

      Obxecto alleo ao organismo que penetrou nel máis ou menos profundamente. Pode provir do exterior, en forma de obxecto inhalado ou deglutido, ou de proxectil, ou estar formado in situ, como acontece nos casos de fragmentos de tecidos mortos ou cálculos.

    10. corpo estriado [ANAT]

      Masa de substancia gris situada nos hemisferios cerebrais por fóra dos ventrículos laterais.

    11. corpo gris [FÍS]

      Corpo que radia unha distribución de enerxía igual, en todo ou só nunha parte do espectro, á do corpo negro coa mesma temperatura, agás un factor de redución constante, que é independente da lonxitude de onda.

    12. corpo metacromático [BOT]

      Gránulo que, nas células das esquizofíceas, se tingue de vermello co azul de metileno.

    13. corpo mucífero [BOT]

      Corpúsculo arredondado ou fusiforme que aparece sobre a cutícula celular das crisofíceas e das euglenofíceas, e que é rico en mucilaxe.

    14. corpo negro [FÍS]

      Corpo ideal que absorbe todas as radiacións que recibe e que emite unha radiación determinada exclusivamente pola súa temperatura e pola lonxitude de onda incidente. Considérase que unha boa aproximación a un corpo negro estaría constituída por un pequeno buraco situado nunha esfera baleira e recuberta no seu interior por fume de estampa, de xeito que calquera radiación que entre quede practicamente absorbida pola superficie interior, grazas ao seu elevado coeficiente de absorción (0,99) e ás sucesivas reflexións interiores. Segundo as leis de Kirchhoff, emite a máxima cantidade posible de enerxía para unha temperatura determinada. A radiación emitida por un corpo negro vén determinada pola lei de Stefan-Boltz-mann, as leis da radiación de Wien e a lei de Planck.

    15. corpo simple [QUÍM]

      Especie química formada por unha única clase de átomos. Tamén se denomina elemento químico.

    1. s m

      Conxunto de todas as partes materiais ou físicas que constitúen o organismo dun ser humano, animal ou vexetal, en oposición á parte non material ou psíquica, así como a figura externa que representa. No ser humano está composto de cabeza, tronco e extremidades. Na tradición oral recóllense ditos como: “Corpo farto non ten fame. O corpo na cama, se non dorme, descansa. Se non queres o teu corpo san, faille a figa ao cirurxián. Se queres ver cómo é o teu corpo, mata un porco. Cría corpo, que non che faltará pano. Onde non vexas corpo, non botes carga”.

    2. s m [FILOS/RELIX]

      Substancia material que, xunto coa alma ou espírito, integra o conxunto humano. A cuestión da relación alma-corpo intentou explicarse de distintas maneiras: as doutrinas monistas identifican unha co outro, ben explicando o corpo como unha aparencia do espírito (espiritualismo), ben reducindo todo o que é anímico a funcións corporais (materialismo). Os sistemas dualistas distinguen ambas as substancias e definen a súa unión como accidental (platonismo) ou substancial (hilemorfismo). A noción de corpo foi descoñecida polo pensamento bíblico primixenio que afirmaba que o home é tanto basar (carne) como nefeš (alma, vida). San Paulo, que empregou o termo grego correspondente a corpo (σῶμα) nun sentido moi diferente ao da filosofía helénica, ao distinguilo da σάρξ (carne, como constitución permanente do home), preséntao como destinado a desligarse da mesma para transformarse en corpo espiritual, conforme ao corpo glorioso de Xesucristo. Na filosofía moderna, Descartes distinguiu entre res extensa (substancia material) e res cogitans (substancia espiritual) como dous elementos independentes entre si pero que forman a realidade material. Pola súa banda, para Hobbes a realidade é corporal. No s XIX, as discusións centráronse entre os defensores da realidade material como única existente e os defensores da realidade espiritual. Xa no s XX, a noción de corpo foi estudiada, entre outros, por Husserl, que entendeu corpo e alma como elementos do espírito, e Sartre, que distinguiu entre o que é o corpo para un mesmo e para outro.

    3. s m

      Cadáver dunha persoa ou dun animal.

      Ex: Estiveron velando o corpo do pai toda a noite no tanatorio. O seu corpo estaba estricado na estrada por mor dun atropelo. 

    4. corpo astral [FILOS/RELIX]

      Terceiro dos sete graos de corporeidade dos que consta o corpo humano. A súa función é a de comunicar o corpo e a alma entre si.

    5. loc adx de corpo presente loc adx

      Aplícase ao ritual funerario que se celebra por un defunto co seu cadáver diante do altar. Tamén se denomina coa expresión latina corpore insepulto.

      Ex: Van facer un funeral de corpo presente polas víctimas do accidente. Van facer un funeral de corpo presente polas víctimas do accidente. 

    6. o corpo de Cristo [RELIX]

      Hostia consagrada.

  1. s m

    Parte de maior volume dunha persoa ou dun animal, constituída pola súa materia excepto pola cabeza e polas extremidades, no ser humano, ou pola cola, nos animais.

    Sinónimos: tronco.
  2. s m

    Parte dun vestido que cobre o tronco dende os ombreiros ata a cintura.

    Ex: Uxía mercou unha americana co corpo liso e as mangas a raias. 

  3. s m
    1. Parte principal ou maior dunha cousa.

      Ex: O corpo do traballo xa se realizou e agora quedan pequenos retoques. O enxeñeiro aconsellou o derrubamento porque a greta afectaba ó corpo do edificio. 

    2. [ESCR]

      Parte principal dun texto prescindindo da cabeceira, do pé, do prólogo, dos índices, dos apéndices, das notas e doutros elementos de menor relevancia.

  4. s m

    Cada unha das partes principais en que se pode dividir un todo.

    Ex: Compramos un armario de tres corpos. O arquitecto deseñou a obra en cinco corpos. 

  5. s m
    1. Grosor, textura, densidade e consistencia material que presenta algunha cousa.

      Ex: Para que a tinta non se vexa polo outro lado precisas un papel con máis corpo. 

    2. [ALIM]

      Característica propia dos viños de cor ben definida e completos, con sensación de consistencia na boca e nos que todas as súas calidades resaltan con intensidade.

    1. s m

      Calquera colectivo ou conxunto de persoas que constitúen un organismo ou institución e que exercen unha mesma función.

    2. s m [DER]

      Conxunto dos funcionarios públicos que teñen unha regulación homoxénea respecto das condicións de acceso, carreira e funcións que se pretenden desenvolver. Os funcionarios de carreira intégranse en corpos xerais e especiais. Á súa vez, os corpos clasifícanse en cinco grupos, dependendo da titulación esixida para o ingreso na función pública.

    3. corpo de garda [BÉL]

      Conxunto de soldados encargados da custodia dunha posición ou de calquera dependencia militar. Por extensión tamén recibe este nome o lugar no que están os soldados cando fan garda.

    4. corpo diplomático [POLÍT]

      Conxunto dos representantes oficiais acreditados diante do goberno dun Estado.

    5. corpo do exército [BÉL]

      Unidade militar superior á división e inferior ao exército. A súa estrutura é variable, e está composto de divisións, brigadas e outras unidades especiais.

    6. corpo xeral da armada [BÉL]

      Órgano da Mariña destinado ao mando xeral.

    1. s m

      Conxunto de cousas que forman un sistema ou unha colección xeral.

    2. corpo de lizos TÉXT [TÉXT]

      Conxunto dos lizos que, en número variable, se colocan no tear, segundo as características do artigo e o tecido que se queira conseguir.

    3. corpo legal [DER]

      Compilación sistematizada de normas xurídicas.

  6. s m [GRÁF]
    1. Tamaño ou altura do tipo. A unidade de medida empregada para determinar as súas dimensións é o punto tipográfico.

    2. Na fotocomposición, distancia comprendida entre os límites superior e inferior das letras cando se empregan caracteres planos. Presenta trazos ascendentes e descendentes, respectivamente, ademais dunha pequena parte en branco para evitar a superposición entre liñas consecutivas non interlineadas.

  7. s m [HERÁLD]

    Parte figurada da divisa.

  8. s m [MAR]

    Casco da embarcación que, en dereito marítimo, se opón ás mercadorías transportadas.

  9. s m [MAT]

    Conxunto dotado de dúas operacións, que se adoitan designar como + e ¥ (suma e produto), coas seguintes propiedades: respecto da suma o conxunto ten estrutura de grupo conmutativo, mentres que respecto do produto é tamén grupo, conmutativo ou non, feito que determinará a denominación do grupo. Ademais, esíxese que a operación ¥ teña a propiedade distributiva respecto á operación +. Pódese dicir, polo tanto, que un corpo é un anel no que se cumpre que cada elemento ten inverso respecto da operación ¥. Un corpo só ten dous ideais: o 0 e el mesmo. Os exemplos máis inmediatos son: o corpo O dos números reais, coas operacións usuais de suma e produto, o corpo N dos números racionais e o L dos complexos. Tamén existe o corpo de dous elementos 0 e 1, coas operacións + (onde 0 é o elemento neutro, 1 + 1 = 0) e ¥ habitual. Como exemplo de corpo non conmutativo hai o dos cuaternios. A característica dun corpo é o número máis pequeno p, tal que 1 + 1 + p + 1 = 0. Se non hai ningún p > 0 con esta propiedade, dise que o corpo é de característica 0. Agás este caso, a característica é sempre un número primo. Todo corpo finito é conmutativo, de característica p = 0, e o número de elementos do corpo é p n . A teoría de Galois estudia as extensións dos corpos: un corpo L que contén un subcorpo K chámase extensión de K; L é entón un espacio vectorial sobre K, e a súa dimensión é o grao da extensión. Por exemplo, o corpo dos complexos é unha extensión dos reais.

  10. [DER]

    Obxecto perfectamente definido para ser susceptible dunha relación xurídica.

  11. [LING]

    Parte da lingua que se move, dentro da cavidade bucal, en diversas direccións e dunha forma independente á punta da lingua. Produce sons dorsais, como as consoantes [k, g] e todas as vocais.

  12. [DER]

    Texto que se forma nos órganos xudiciais a instancia dunha parte nun proceso, e que ditará o tribunal ou o secretario xudicial, cando non houbese un documento indubidable para facer un cotexo de letras. Deste modo, a parte que non recoñece como súa a letra que a parte oposta aduce que lle pertence, escribe perante o xuíz para poder confrontar pericialmente ambas as dúas escrituras.

  13. [DER]

    Obxecto ou medio empregado para cometer un delito.

  14. [DER]

    Cousa na que existen sinais do delito perpetrado.

  15. [RELIX]

    Imaxe que expresa, en teoloxía, a interrelación vital entre Cristo e a Igrexa

  16. [MAR]
    1. corpo morto

      Parte do buque que sobresae da auga.

    2. corpo morto

      Obxecto somerxido, xeralmente unha áncora moi pesada, que ten a misión de manter o barco nun punto fixo.

Frases feitas

  • A corpo loc adv Con pouca roupa. SIN: en cós.

  • Non llas cocer o corpo a alguén. 1 Estar impaciente. 2 Non permitir algunha cousa.

  • Ser un corpo sen alma. Ser unha persoa apoucada.

  • A corpo de rei. Ser tratado ou vivir con comodidade unha persoa.

  • Andar/facer/dar de corpo. Defecar.

  • Botar (o) corpo. Medrar unha persoa.

  • Cascar a corpo cheo a alguén. Bater moito nunha persoa.

  • Corpo a corpo loc adv Contactando fisicamente as persoas que combaten. Ex: Combateu corpo a corpo. OBS: Emprégase tamén como substantivo masculino. Ex: A contenda rematou cun corpo a corpo.

  • Darlle o corpo algunha cousa a alguén. Ter o presentimento dalgunha cousa.

  • De medio corpo. Aplícase ao retrato que só é da metade superior do corpo.

  • En corpo e alma loc adv Con moita dedicación e esforzo.

  • Non andar de corpo. Estar alguén estreñido.

  • Pedirlle o corpo algunha cousa a alguén. Apetecerlle algunha cousa a unha persoa.

  • Quentarlle o corpo a alguén. Zurrarlle a unha persoa.

  • Ter o demo no corpo. Aplícase a unha persoa que non para quieta.

  • Tomar corpo algunha cousa. Comezar a desenvolverse ou a facerse concreta algunha cousa.

  • Volverse o corpo. Sufrir náuseas unha persoa.