bloquear

bloquear

(

  1. v t

    Illar unha cidade, unha rexión, un porto ou calquera lugar xeográfico privándoo de toda clase de comunicación co exterior.

    Ex: As forzas inimigas bloquearon a cidade que bombardearan previamente.

    Sinónimos: asediar, cercar. Antónimos: desbloquear.
  2. v t

    Facer imposible o desenvolvemento ou a libre circulación de algo por un determinado espacio ou lugar.

    Ex: A garda civil bloqueou os tractores que se manifestaban pola estrada. A neve bloqueou o paso pola ponte.

    Sinónimos: obstaculizar, obstruír. Antónimos: desbloquear.
  3. v t

    Evitar, alguén competente na materia, o emprego ou o aumento de determinados créditos ou bens.

    Ex: Bloqueáronlle un crédito que necesitaba para comprar o novo coche.

    Sinónimos: inmobilizar. Antónimos: desbloquear.
  4. v t

    Interceptar un balón ou un contrario cando se practica un determinado deporte.

    Ex: No partido de rugby bloquearon o teu irmán varias veces consecutivas. O porteiro bloqueou o balón despois do remate do dianteiro.

    Sinónimos: deter.
  5. v t [INFORM] Antónimos: desbloquear.
    1. No sistema operativo Macintosh seleccionar un arquivo ou un disco e marcalo de maneira que este non poida ser borrado por erro. Esta operación realízase facendo clic no cadrado Bloqueado (Locked) da ventá Obter información (Get Info).

      Antónimos: desbloquear.
    2. Marcar un arquivo como que está en uso de forma que outros programas que se executen ao mesmo tempo non poidan cambialo. Baixo MS-DOS o comando SHARE aplica o bloqueo dos arquivos.

      Antónimos: desbloquear.
    3. Impedir que se poida gravar nun disquete, deslizando cara ao bordo unha pequena corredeira de plástico situada na parte traseira do disquete. Coñécese como protección contra escritura e non impide copiar o seu contido.

      Antónimos: desbloquear.
  6. v t [PSIC]

    Facer que alguén non poida reaccionar adecuadamente ante unha determinada situación.

    Ex: Cando lle deron a noticia quedou bloqueada e non puido nin falar.

    Antónimos: desbloquear.
Conxugar
VERBO bloquear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloqueo
bloqueas
bloquea
bloqueamos
bloqueades
bloquean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloqueaba
bloqueabas
bloqueaba
bloqueabamos
bloqueabades
bloqueaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloqueei
bloqueaches
bloqueou
bloqueamos
bloqueastes
bloquearon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloqueara
bloquearas
bloqueara
bloquearamos
bloquearades
bloquearan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloquearei
bloquearás
bloqueará
bloquearemos
bloquearedes
bloquearán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloquearía
bloquearías
bloquearía
bloqueariamos
bloqueariades
bloquearían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloquee
bloquees
bloquee
bloqueemos
bloqueedes
bloqueen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloquease
bloqueases
bloquease
bloqueasemos
bloqueasedes
bloqueasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloquear
bloqueares
bloquear
bloquearmos
bloqueardes
bloquearen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bloquea
-
-
bloqueade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bloquear
bloqueares
bloquear
bloquearmos
bloqueardes
bloquearen
Xerundio bloqueando
Participio bloqueado
bloqueada
bloqueados
bloqueadas