bloquear
(
-
v t
Illar unha cidade, unha rexión, un porto ou calquera lugar xeográfico privándoo de toda clase de comunicación co exterior.
Ex: As forzas inimigas bloquearon a cidade que bombardearan previamente.
Sinónimos: asediar, cercar. Antónimos: desbloquear. -
v t
Facer imposible o desenvolvemento ou a libre circulación de algo por un determinado espacio ou lugar.
Ex: A garda civil bloqueou os tractores que se manifestaban pola estrada. A neve bloqueou o paso pola ponte.
Sinónimos: obstaculizar, obstruír. Antónimos: desbloquear. -
v t
Evitar, alguén competente na materia, o emprego ou o aumento de determinados créditos ou bens.
Ex: Bloqueáronlle un crédito que necesitaba para comprar o novo coche.
Sinónimos: inmobilizar. Antónimos: desbloquear. -
v t
Interceptar un balón ou un contrario cando se practica un determinado deporte.
Ex: No partido de rugby bloquearon o teu irmán varias veces consecutivas. O porteiro bloqueou o balón despois do remate do dianteiro.
Sinónimos: deter. -
v t
[INFORM]
Antónimos:
desbloquear.
-
No sistema operativo Macintosh seleccionar un arquivo ou un disco e marcalo de maneira que este non poida ser borrado por erro. Esta operación realízase facendo clic no cadrado Bloqueado (Locked) da ventá Obter información (Get Info).
Antónimos: desbloquear. -
Marcar un arquivo como que está en uso de forma que outros programas que se executen ao mesmo tempo non poidan cambialo. Baixo MS-DOS o comando SHARE aplica o bloqueo dos arquivos.
Antónimos: desbloquear. -
Impedir que se poida gravar nun disquete, deslizando cara ao bordo unha pequena corredeira de plástico situada na parte traseira do disquete. Coñécese como protección contra escritura e non impide copiar o seu contido.
Antónimos: desbloquear.
-
-
v t
[PSIC]
Facer que alguén non poida reaccionar adecuadamente ante unha determinada situación.
Ex: Cando lle deron a noticia quedou bloqueada e non puido nin falar.
Antónimos: desbloquear.
Palabras veciñas
Bloque Nacionalista Galego | Bloque Repubricán Nacional Galego | bloqueador -ra | bloquear | bloqueo | Bloqueo continental | Blossfeldt, KarlIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloqueo
bloqueas
bloquea
bloqueamos
bloqueades
bloquean
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloqueaba
bloqueabas
bloqueaba
bloqueabamos
bloqueabades
bloqueaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloqueei
bloqueaches
bloqueou
bloqueamos
bloqueastes
bloquearon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloqueara
bloquearas
bloqueara
bloquearamos
bloquearades
bloquearan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloquearei
bloquearás
bloqueará
bloquearemos
bloquearedes
bloquearán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloquearía
bloquearías
bloquearía
bloqueariamos
bloqueariades
bloquearían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloquee
bloquees
bloquee
bloqueemos
bloqueedes
bloqueen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloquease
bloqueases
bloquease
bloqueasemos
bloqueasedes
bloqueasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloquear
bloqueares
bloquear
bloquearmos
bloqueardes
bloquearen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
bloquea
-
-
bloqueade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles bloquear
bloqueares
bloquear
bloquearmos
bloqueardes
bloquearen
bloqueada
bloqueados
bloqueadas