bloqueador -ra
bloqueador -ra
(< bloquear)
-
adx e s
Que ou o que bloquea.
Ex: O árbitro pitoulle a falta ó xogador bloqueador.
-
adx
[MED]
Aplícase ao medicamento ou á substancia que impide a emisión ou a chegada de estímulos, a secreción de hormonas, a acción destas ou a doutros órganos, e produce, ás veces, efectos semellantes á extirpación.
-
s
m
[FISIOL]
Anticorpo que inhibe por competencia a fixación doutros anticorpos específicos.
-
bloqueador adrenérxico
[FISIOL]
antiadrenérxico.