bloqueo
(
-
s
m
Acción e efecto de bloquear.
Ex: A manifestación produciu un bloqueo que repercutiu no tráfico da cidade.
-
s
m
Alteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.
Ex: O bloqueo do sistema nervioso foi consecuencia da operación á que foi sometida.
-
s
m
[BÉL]
Operación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas (ou outros auxilios). Diferénciase do sitio en que non se emprenden accións ofensivas dedicadas a tomar a posición bloqueada.
Ex: O bloqueo soviético sobre Berlín foi solucionado cunha ponte aérea.
-
s
m
[COMUN/TRANSP]
Sistema de sinalización empregado nas liñas de ferocarril para impedir que dous trens, dúas máquinas, etc, que circulan por unha mesma vía entren en colisión. Os sistemas empregados actualmente son o telefónico, o CTC (Control de Tránsito Centralizado), o automático e o de control por ordenador. No bloqueo telefónico, antes de dar a un tren a saída dunha estación, cómpre preguntar por vía telefónica á seguinte se o pode recibir. O bloqueo CTC consiste en gobernar todos os sinais e as agullas dun tramo moi longo de vía dende un lugar único de mando. No bloqueo automático, o mesmo tren, ao entrar e saír dun sector, pecha e abre, respectivamente, o circuíto correspondente aos sinais luminosos. No bloqueo controlado por ordenador recíbese información da velocidade, da distancia do tren precedente e das indicacións das estacións que o ordenador transforma na velocidade máxima permitida.
-
s
m
[DEP]
En diferentes deportes, inmobilización da pelota ou dun golpe por parte dun xogador. Nalgúns deportes de equipo, obstrución regulamentaria que fai un xogador a un adversario, xeralmente para favorecer a un compañeiro de equipo. Nalgunhas artes marciais, acción de impedir que o adversario emprenda un ataque.
Ex: A defensa saltou ó mesmo tempo para facilitar o bloqueo. O árbitro sancionou con tiros libres o bloqueo irregular do aleiro.
-
s
m
[DER]
Operación pola que as forzas navais e, eventualmente, as aéreas e as terrestres dun estado, interceptan as comunicacións no territorio doutro estado. Dende o punto de vista xurídico, o bloqueo pode ser bélico ou pacífico. O bloqueo bélico tense que declarar por parte do estado belixerante, precisando os límites territoriais e temporais, e notificarse aos estados neutrais que terán que observalo mentres sexa efectivo. En caso de ruptura do bloqueo bélico, o país que o exercía ten o dereito de capturar os barcos infractores e capturar a carga. O bloqueo pacífico, chamado tamén bloqueo económico ou bloqueo económico internacional, adóptase como represalia en tempos de paz para impedir as relacións comerciais do país bloqueado con outros países. A súa licitude é discutida e non hai a obriga de respectalo por parte dos outros estados. En case todos os casos isto obedece a razóns políticas e ten como fin afogar o funcionamento da economía do país bloqueado e forzar o seu goberno a modificar a súa actuación. Os bloqueos, cun carácter máis ou menos xeral (URSS, Iugoslavia, España, Cuba, Rhodesia, etc), non tiveron os resultados esperados. Para que un bloqueo sexa efectivo, o país bloqueado non pode dispoñer de recursos interiores suficientes para satisfacer as súas necesidades e ten que ser efectiva a participación do resto dos países, pois o país bloqueado poderíase abastecer dos países que non participan. O bloqueo internacional pode ser total ou limitado a unhas mercadorías concretas. No último caso atopa certos impedimentos na exportación de armas ou de materiais considerados estratéxicos en determinados países. Actualmente, está incluído dentro das limitacións do uso da forza polos estados que establece a Carta das Nación Unidas para asegurar o mantemento da paz.
-
s
m
[ECON]
Acción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos. Utilízase en situacións graves e adoita formar parte de plans de estabilización de maior alcance. Dentro dos países de economía de mercado, a aplicación do bloqueo implica un forte grao de intervención estatal. As variables bloqueadas máis usuais son os prezos, os salarios, as rendas de capital, as importacións, etc. O levantamento do bloqueo pretende retornar ao mercado a súa capacidade, e adoita levarse a cabo de xeito gradual, para evitar alzas repentinas nos prezos. O bloqueo de prezos, que pode ser xeral ou limitarse a algúns bens, ten como finalidade a loita contra os procesos inflacionistas que minguan a capacidade adquisitiva dos consumidores. Pero, xunto co bloqueo de prezos, e coa mesma finalidade, limítanse as elevacións dos salarios. O bloqueo das rendas do capital obedece a razóns tanto económicas coma sociais. A efectividade do bloqueo depende dun gran número de factores, de aí que non sempre esta efectividade sexa total. Poden existir maneiras de eludilo mediante acordos entre compradores e vendedores, pola diminución da calidade do ben mantendo o mesmo prezo, polo feito de destinar os beneficios ás reservas para unha posterior distribución, etc. O bloqueo de determinados activos pode obedecer a razóns políticas ou xurídicas. É o caso do bloqueo de contas correntes ou de valores mobiliarios de persoas ou de empresas en situacións nas que se investiga a actuación da empresa. Procédese tamén á prohibición da utilización ou venda de bens por parte de certas persoas con finalidades políticas.
-
s
m
[FÍS]
Nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor, estado de interrupción da corrente que se obtén ao aplicar unha polarización axeitada ao electrodo de control.
-
s
m
[IND/ARTE]
Emprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo (cun gran formato) para escurecer aqueles trazos non desexados na imaxe. Emprégase en fotografía comercial para illar un produto, resaltándoo. Á hora de positivalo, o resultado é un fondo completamente branco.
-
s
m
[INFORM]
-
Situación na que cada un dos dous procesadores está agardando que o outro realice unha operación. Desta forma ningún dos dous pode continuar procesando datos.
-
bloqueo de números [Bloq Num]
Tecla dos ordenadores compatibles PC e dalgúns Macintosh que cambia o bloqueo numérico entre dúas funcións: realizar operacións matemáticas ou utilizar esas teclas para outras tarefas.
-
-
s
m
[PSIC]
Alteración do pensamento no que se manifesta un grao máximo de inhibición mental, que comporta a ausencia de pensamentos novos nunha dirección determinada.
-
bloqueo articular
Inmobilización patolóxica dolorosa e reincidente dunha articulación, orixinada pola presenza de corpos estraños intraarticulares ou por lesións nun menisco.
-
bloqueo cardíaco
Estado no que o tecido de condución do corazón (nódulos sinusal e aurículo-ventricular, fascículo de Hiss e fibras de Purkinje) falla na transmisión normal dos impulsos eléctricos dende a aurícula aos ventrículos. Como consecuencia, o ritmo cardíaco adoita resultar alterado e prodúcense arritmias diversas.
-
bloqueo ganglionar
Bloqueo da transmisión do estímulo nervioso nos ganglios do sistema nervioso autónomo. Realízase farmacoloxicamente en certos estados de hiperactividade do sistema nervioso autónomo e para producir hipotensión nalgúns tipos de cirurxía.
-
bloqueo menínxeo
Interrupción patolóxica da circulación do líquido cefalorraquídeo ao se obstruír, nun ou máis puntos, o seu circuíto a causa de inflamacións, tumores ou compresións das estruturas que o envolven.
-
dispositivo de bloqueo
Conxunto de pezas eléctricas ou mecánicas que impiden o total funcionamento dun aparello.
Ex: Non puído saír o gas tóxico da cámara gracias ós dispositivos de bloqueo.