"África" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 64.
-
ENTRADA LARGA
Estado do extremo meridional de África, que limita ao NO con Namibia, ao N con Botswana e Zimbabwe e ao L con Moçambique e Swazilandia, ao L e ao S co Océano Índico e ao O co Océano Atlántico (1.219.090 km2; 49.320.000 h [estim 2010]). Inclúe dentro do seu territorio o estado independente de Lesotho. A capital administrativa é Pretoria, residencia do goberno, e a capital lexislativa é Cidade do Cabo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo, basicamente terciario, da República Surafricana está constituído por unha zona central deprimida, rodeada por unha cadea montañosa. A parte central correspóndese co deserto de Kalahari, mentres que as terras altas que o circundan, con altitudes que varían entre os 1.500 e 3.000 m, son os macizos de Swartberg, ao L e ao S da rexión do Cabo, e a cadea montañosa de Drakensberg, entre as provincias de Estado Libre e KwaZulu/Natal, onde se sitúa a máxima altura do país, a 3.650 m. Climaticamente, diferéncianse dous... -
-
Relativo ou pertencente á República Surafricana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da República Surafricana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organizacion supranacional africana creada en Syrte (Libia) en 2002 co obxectivo de incrementar a integración económica e política e reforzar a cooperación nos seus estados membros. Substituíu á Organización da Unidade Africana (OUA). Inspirada na Unión Europea, está integrada por 53 países, coa excepción de Marrocos. En 2004 inaugurou a sede do Parlamento Panafricano en Johannesburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome oficial da República Surafricana desde 1910 ata 1961.