"Alexander" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 71.
-
PERSOEIRO
Pintor sueco. Establecido en París e protexido por madame de Pompadour, participou nos Salons ata 1791. Os seus retratos foron influídos polos de M. Q. de La Tour e de G. van Loo. Destacan Dama do abano (1768), retrato da súa dona, e C. J. Vernet (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico anglicano. Bispo de Saint Albans (1970-1980), foi arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana (1980-1991). Interesado polo ecumenismo, mantivo contactos cos católicos e cos ortodoxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. O primeiro período da súa produción (1829-1839) está formado por numerosos lieder e por vinte e seis obras para piano, como Carnaval (1835) e Kreisleriana (1838). Na segunda etapa (1840-1851) intentou conseguir sen éxito a creación dunha ópera alemá romántica, aínda que conseguiu triunfar coa composición de catro ciclos de cancións, como Dichterliebe (O amor do poeta, 1840), e as súas catro sinfonías (1841-1851). O derradeiro período creador (1850-1854) comprende o Concerto para violonchelo e orquestra (1850), a Misa Latina (1852), o Réquiem latino (1852) e catro aberturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e especialista en ciencias sociais . Especializouse no estudo da toma de decisións nas organizacións económicas complexas. Das súas obras destacan Administrative Behavior (1947), Organizations (1958), Human Problem-Solving (1972), Models of Bounded Rationality (1982), Reason in Human Affairs (1983), Protocol Analysis (1984) e Scientific Discovery (1986). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico escocés. Estudou nas universidades de Glasgow, Frankfort am Main e Oxford. As súas investigacións abarcan case todos os campos da bioquímica, estudou a composición química de determinados enzimas e vitaminas como a E ou a B12, e o seu maior logro foi o estudo e síntese dos nucleótidos, e sintetizou o ATP, FAD e o UTP. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre os nucleótidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Coñecido como Peter Ustinov, destaca pola súa forte personalidade dramática e humorística. Protagonizou filmes como Quo Vadis? (1951, Golden Globe en 1952), Spartacus (1960, Oscar en 1961), Topkapi (1964, Oscar en 1965) ou The Old Curiosity Shop (1994). Como realizador destacan School of Secrets (1946), Romanoff and Juliet (1961), Lady L. (1965) e Nemed, my Hawk (1984). Embaixador de boa vontade da UNICEF desde 1969, foi galardoado cun Silbener Bär no Festival Internacional de Berlín en 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e radiotécnico escocés. Estudou o radar e as súas aplicacións, e conseguindo facer funcionar o primeiro radar práctico en 1935. En 1919 patentou o primeiro instrumento para o estudo da atmosfera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Fixo investigacións en química orgánica (esterificación, éteres, alcohois) e clasificou os compostos orgánicos segundo a súa estrutura molecular. Propuxo o concepto de equilibrio dinámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Fixo investigacións sobre a análise de gases e desenvolveu novos métodos de análise gravimétrica e o método, chamado de contacto, para a produción de ácido sulfúrico (1878). En 1886 descubriu o xermanio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador inglés. Participou na expedición ao macizo de Ruwenzori (África Oriental), organizada polo British Museum, e ascendeu o cume que leva o seu nome (4.659 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Alumno de J. N. Fuchs, foi director de numerosas orquestras e difundiu as obras da escola de Viena. Das súas obras cómpre destacar Lyrische Symphonie (1922), a ópera Eine florentinische Tragödie (1916), catro cuartetos de corda (1898-1936) e 6 Gesänge (1915) para voz e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO