"Alexandre" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 107.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo do flamengo Nicasius Bernaerts, especializouse na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas. Realizou estudios paisaxísticos do natural para realizar os fondos das súas composicións. Entre as súas obras destaca Brocart gardè par cinq chiens (Brocart protexido por cinco cans). Realizou tamén tapices para a manufactura dos Gobelins.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta, farmacéutico e químico. A súa obra tivo dous aspectos: os estudios para intentar demostrar que a arte románica se orixinou en Catalunya e a elaboración dunha ambiciosa teoría sobre as civilizacións e os ciclos históricos. Entre as súas obras destaca Matemática de la historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Xunto co pintor xenovés Xoán Bautista, realizou a pintura do retablo maior, dúas reixas do presbiterio e a bóveda da catedral de Tui (1716). Pintou o retablo do altar e da capela maior do santuario de Nosa Señora da Escravitude (Padrón, 1743-1744).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés, fillo de Alexandre Davy de la Pailleterie Dumas. A súa novela La Dame aux camélias (A dama das camelias, 1848), que adaptou ao teatro en 1852, responde á estética do romanticismo, o mesmo que Docteur Servans (Doutor Servans, 1849), Tristan le Roux (Tristán o Rubio, 1850), Trois hommes forts (Tres homes fortes, 1851) ou L’affaire Clemenceau (O asunto Clemenceau, 1866). Non obstante , a súa produción dramática encádrase no realismo costumista e trata temas morais matizados por un humanismo liberal, en obras como Diane de Lys (1853), Le demi-monde (O medio-mundo, 1855), La question d’argent (A cuestión económica, 1857), Le fils naturel (O fillo natural, 1858), Un père prodigue (Un pai pródigo, 1859), Le suplice d’une femme (O suplicio dunha muller, 1865), Les idées de Madame Aubray (As ideas da señora Aubray, 1867), Une visite de noces (Unha visita de vodas, 1871), La princesse Georges (A princesa Georges, 1871) e La femme de Claude (A muller...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. En 1855 graduouse na École Centrale des Arts et Manufactures de París. En 1856 comezou a traballar con Charles Nepveu, director dunha compañía dedicada á fabricación de maquinaria ferroviaria. Dirixiu as obras da ponte metálica sobre o Garonne en Bordeos (1858) e en 1866 fundou a súa propia empresa coa que construíu, entre outras, a ponte Maria Pia sobre o Douro en Porto, inaugurada en 1877. Elaborou, entre outras obras, os viadutos de Tardes, Cuzbac e Garabit, a estación ferroviaria do Staatsbahn (Budapest), os pavillóns das exposicións de 1876 e 1878 de París, a cúpula do observatorio de Nice e a armadura interna da Estatua da Liberdade de Nova York (1881-1882). Con motivo dunha nova exposición universal, erixiu en París a torre que leva o seu nome. Participou nos traballos de construción do canal de Panamá dende 1887 ata a quebra da compañía en 1889. Fundou o laboratorio aerodinámico de Auteil en 1912.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alejandro Campos Ramírez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e historiador. En 1924 fundou a Escola Blanquerna (1924-1939), onde experimentou os métodos da escola activa, que recolleu na obra Mesura objectiva del treball escolar (1928). Foi nomeado secretario xeral do Consell de Cultura da Generalitat de Catalunya, e, despois de xullo de 1936, confióuselle o negociado da lingua catalá e, máis tarde, a cátedra de metodoloxía do ensino de lingua na Universitat de Barcelona. Despois de estar exiliado (1939-1943), volveu a Barcelona e dedicouse, sobre todo, á historia da cultura. Cómpre destacar as súas obras Per la llengua e per la escola (1931), Lliçons de llenguatge (1931) e Activitat i llibertat en educació (1932), e, en colaboración con Josepa Herrera, Introdució a la Gramàtica I e II (1935 e 1937), Una hipotètica revolta d’uns mestres hipotètics (1964) e Mirades al món actual (1967). Foi membro do Institut d’Estudis Catalans (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Participou na revista Atlántida con U. Lugrís, X. M. Labra, F. Mon e A. Abelenda, entre outros. Comezou a expoñer en 1954 na Coruña. As súas primeiras obras amosaron o coñecemento das linguaxes vangardistas pero, desde 1960, realizou unha obra máis persoal baseada na simplicidade temática, nas composicións equilibradas, a pintura grosa e empastada e unha sobria gama cromática. Foi un dos renovadores da visión da paisaxe galega ao representar a Galicia invernal. Realizou tamén bodegóns, caracterizados pola representación dun motivo sinxelo cunha simplicidade compositiva baseada na composición horizontal; retratos, nos que a figura se recorta sobre o fondo neutro; e debuxos, nos que experimentou con diversas técnicas, agás o carbón. Das súas obras destacan as series dedicadas aos montes (1960-1973?), entre outros, Montes do Eume, Serra da Faladoira, Seixo Branco e Montes da Pastoriza, e ás árbores (1973?-1977), entre outras, A Caldeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político timorense. Presidente da Frente Revolucionária do Timor Leste Independente (FRETILIN) desde 1978, foi capturado polo exército indonesio en 1992 e condenado a cadea perpetua, pena que lle foi rebaixada a raíz das protestas internacionais, ata que foi definitivamente excarcerado en 1999. Tralo referendo que supuxo o triunfo das forzas independentistas, foi elixido presidente da República de Timor Leste nas eleccións de 2001. Nos anos de prisión escribiu o poemario Mauberiadas (Premio Nacional de poesía de Timor, 1975) e o ensaio Timor Leste: un Povo, uma Patria (1994). Posúe o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia do Parlamento Europeo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, narrador e historiador romántico. Publicou A voz do profeta (1836), onde a tensión e a énfase romántica aparecen intelectualizadas. En 1850 apareceu toda a súa obra lírica no volume Poesía. Os seus contos, Lendas e narrativas (1851), e as súas novelas O monge de Cister (1841), O Bobo (1843) e Eurico o presbítero (1844), impulsaron a novela histórica en Portugal. Como historiador destacan História de Portugal (1846-1851) e Portugaliae monumenta historica (1856-1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Moscova 1902 - París 1968) Filósofo. Discípulo de K. Jaspers, foi unha das figuras fundamentais do pensamento contemporáneo sen ter realizado obra onde sostivera teses propias. Os seus cursos, recollidos en Introdution à la Lecture de Hegel (1947), retornaron a Hegel a un primeiro plano da actualidade. O seu maxisterio constituíu a formulación máis triunfante dunha doutrina historicista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Taganrog 1892 - París 1964) Filósofo ruso. Foi un dos introdutores do pensamento de E. Husserl en Francia. Destacou polos seus estudios sobre a historia da filosofía e da ciencia, campos nos que foi un dos precursores das nocións de paradigma e de estrutura epistemolóxicos desenvolvidos posteriormente por T. Kuhn. Da súa produción destacan os estudios sobre Anselmo, Descartes e Platón, e Études Galiléennes (1940), From the Closed World to the Infinitive Universe (1957), Études d’histoire de la pensée philosophique (1961), Nextonian Studies (1965) e Études d’histoire de la penseé scientifique (1973).
-
PERSOEIRO
Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Introduciu en Rusia o barroco francés. Proxectou os planos de Peterburgo e edificou o palacio e os xardíns de Peterhof. Escribiu Traité de la théorie et de la pratique du jardinage.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos promotores da revolución de 1848, ministro do Interior do goberno provisional e membro da comisión executiva. Oposto a Luís Napoleón, exiliouse en Londres (1849), onde constituíu o Comité Democrático Europeo xunto con G. Mazzini e L. Kossuth.
VER O DETALLE DO TERMO