"Alor" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 78.

  • Hemorraxia que se produce a través do embigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oftalmólogo. Catedrático de Cirurxía Oftalmolóxica no Hospital Clínico e Provincial da Universitat de Barcelona, e membro do Consello Europeo de Oftalmoloxía, exerceu como xefe do servizo de Oftalmoloxía no Hospital Xeral de Galicia. Interesado polas alteracións retinianas, foi o introdutor do láser Excimer en España, que ofreceu importantes vantaxes á cirurxía da córnea. Colaborador de diversas publicacións especializadas, é autor de Contribución personal al conocimiento de la retinopatía de la hipertensión arterial (1971) e coautor dos libros El herpes simplex ocular (1990), Ojo seco (1993), Síndrome de sequedad ocular (1993) e do Dicionario terminológico de oftalmología (1994). Membro da Real Academia de Medicina de Galicia, recibiu, entre outros, o premio extraordinario da Fundación Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de cantidade de calor, ou contido enerxético, que equivale a 1.000 calorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de revalorizar ou revalorizarse.

    2. Medida de política monetaria que consiste no aumento do valor dunha unidade monetaria respecto á doutros estados. A modificación da paridade dunha moeda neste sentido, medida que raramente se pon en práctica, é consecuencia dunha situación de superávit crecido e permanente da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Devolver o antigo valor a algo.

    2. Incrementar o valor de algo.

    3. Aumentar o valor de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1955) e catedrático de Oftalmoloxía desde 1963. Fundou e dirixiu o Seminario de Ofatlmología e a revista Studium Ophtalmologicum. Presidiu a Sociedade Oftalmológica de Galicia (1960) e a Sociedad Española de Oftalmología (1991-1995). Publicou, entre outras obras, Retinopatías vasculares (1971), Atlas de retinopatías vasculares (1972), Conjuntivitis (1992). Recibiu o Premio da Sociedad Española de Oftalmología ao mellor traballo científico (1960), a medalla de ouro do Instituto Barraquer, a Medalla Castelao (1996), a medalla de ouro ao mérito sanitario concedida pola Xunta de Galicia (1999), o título de doutor honoris causa pola Universidade de Coimbra (2000) e o Premio Daza Valdés INCI-Universidad Autónoma de Madrid (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sobrevalorar ou sobrevalorarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou conxunto de calidades que fan que unha persoa ou cousa sexa prezada.

    2. Importancia ou aprezo que se lle dá a algo.

    3. Calidade de válido.

    4. Coraxe para embarcarse en grandes empresas e para arrostrar os perigos e as dificultades.

      1. Abstracción básica da teoría económica que permite a homoxeneización de todos os elementos ou obxectos materiais dos que trata a teoría económica. Pretende explicar a produción e distribución de bens. Os economistas clásicos, especialmente Smith e Ricardo, xa avanzaron nesta dirección ao apuntar que, nunha economía de mercado, os bens económicos teñen un dobre valor: un valor de uso, a utilidade concreta dos bens en relación con quen os utiliza, e un valor de cambio, a capacidade de seren trocados no mercado e apuntaron que destes dous valores o decisivo era o valor de cambio, desde o momento en que nunha economía de mercado a produción social e a súa dinámica eran determinadas, non pola utilidade concreta dos produtos, senón polo valor de cambio que obteñen no mercado. Dado que os bens non se trocan directamente, senón que se cambian inmediatamente a través do diñeiro, o valor de cambio expresarase mediante a cantidade de cartos con que se intercambia cada unidade de...

      2. Calidade de determinados bens que os fai merecedores de ser equiparados a certa cantidade de diñeiro.

      3. Título representativo de participación no patrimonio dunha sociedade, de cantidades prestadas, de mercadorías, de servizos, entre outros. Hainos privados (obrigacións ou accións) e públicos (débeda pública) e poden ser obxecto de operacións bolsistas.

      4. valor cotizado

        Acción, valor ou titulo susceptible de ser negociado.

      5. valor engadido

        Conxunto de remuneracións, valores, beneficios ou xuros xerados na realización da actividade produtiva. Cando fai referencia ao total das remuneracións correspondentes a todo o sistema económico, deducido o desgaste dos medios de produción utilizados, isto é, a amortización, é equivalente á renda nacional.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de valorar ou valorarse.

    2. Técnica de análise química cuantitativa que se emprega para determinar a concentración dunha substancia en disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar o valor dalgunha cousa ou de alguén.

    2. Efectuar unha valoración.

    3. Estimar unha persoa as súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica valoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de valorizar ou valorizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo aumente de valor.

    2. Aumentar de valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de valoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO