valor
(
-
s
m
Calidade ou conxunto de calidades que fan que unha persoa ou cousa sexa prezada.
-
s
m
Importancia ou aprezo que se lle dá a algo.
-
s
m
Calidade de válido.
-
s
m
Coraxe para embarcarse en grandes empresas e para arrostrar os perigos e as dificultades.
-
[ECON]
-
s
m
Abstracción básica da teoría económica que permite a homoxeneización de todos os elementos ou obxectos materiais dos que trata a teoría económica. Pretende explicar a produción e distribución de bens. Os economistas clásicos, especialmente Smith e Ricardo, xa avanzaron nesta dirección ao apuntar que, nunha economía de mercado, os bens económicos teñen un dobre valor: un valor de uso, a utilidade concreta dos bens en relación con quen os utiliza, e un valor de cambio, a capacidade de seren trocados no mercado e apuntaron que destes dous valores o decisivo era o valor de cambio, desde o momento en que nunha economía de mercado a produción social e a súa dinámica eran determinadas, non pola utilidade concreta dos produtos, senón polo valor de cambio que obteñen no mercado. Dado que os bens non se trocan directamente, senón que se cambian inmediatamente a través do diñeiro, o valor de cambio expresarase mediante a cantidade de cartos con que se intercambia cada unidade de cada ben, isto é, o prezo. Os prezos son variables por unha multitude de circunstancias do mercado, tanto obxectivas coma subxectivas, e non son unha categoría homoxeneizadora suficiente. Os economistas clásicos distinguiron entre prezo de mercado variable, segundo as circunstancias do mercado, e prezo natural, que depende soamente das circunstancias da produción. Ricardo buscou unha medida invariable do valor que non estivese sometida a esta variabilidade. Marx levou os puntos dos clásicos ás súas últimas consecuencias coa formulación do valor-traballo. Todas as mercadorías son homoxeneizables desde o momento en que requiren para a súa produción e reprodución unha determinada cantidade de traballo abstracto. As relacións establecidas pola teoría económica son, desde este punto de vista, obxectivas e puramente cuantitativas; a específica dinámica do capitalismo é explicable sempre que se formulen todos os procesos que a xeren (acumulación de capital, variable distribución da renda, introdución de progreso técnico) en termos do valor-traballo dos produtos finais, dos medios de produción e da forza de traballo.
-
s
m
Calidade de determinados bens que os fai merecedores de ser equiparados a certa cantidade de diñeiro.
-
s
m
Título representativo de participación no patrimonio dunha sociedade, de cantidades prestadas, de mercadorías, de servizos, entre outros. Hainos privados (obrigacións ou accións) e públicos (débeda pública) e poden ser obxecto de operacións bolsistas.
-
valor cotizado
Acción, valor ou titulo susceptible de ser negociado.
-
valor engadido
Conxunto de remuneracións, valores, beneficios ou xuros xerados na realización da actividade produtiva. Cando fai referencia ao total das remuneracións correspondentes a todo o sistema económico, deducido o desgaste dos medios de produción utilizados, isto é, a amortización, é equivalente á renda nacional.
-
valor nominal
Valor polo que se emitiu un título mobiliario.
-
valor residual
alor mínimo que terá un determinado elemento do activo unha vez acabada a súa vida útil.
-
s
m
-
[MAT]
-
s
m
Cantidade que correponde a unha variable ou magnitude.
-
valor medio
2 media.
-
valor propio
autovalor.
-
s
m
-
valor adaptativo
[XEN]
Proporción de consecucións conseguidas na xeración seguinte polos diferentes xenotipos dos individuos dunha determinada xeración.
-
valor enerxé
[ALIM]
-
valor globular
[MED]
Relación entre a cantidade de hemoglobina e o número de eritrocitos contidos nun volume determinado de sangue.
-
[NUMIS/FILAT]
-
valor facial
Nunha peza monetaria ou un selo o valor indicado por estampación ou acuñación e que pode diferir do seu valor real.
-
valor real
Valor de mercado dunha peza monetaria ou un selo.
-
valor facial
-
s
m
[MÚS]
Duración relativa dunha nota ou dun silencio.
-
s
m
[ARTE]
Termo da crítica de arte empregado para falar dos caracteres constituíntes do estilo. Debe ir acompañado dun adxectivo e así se pode referir aos valores lineais, lumínicos, tonais, decorativos ou espaciais.
-
teoría dos valores
[FILOS]
Doutrina que, fronte ao relativismo historicista das últimas épocas do s XIX, buscaba establecer o significado e o fundamento do que denominaba reino do deber ou do conxunto de estimacións valorativas sobre a realidade e o home e sobre o seu sentido. Tamén chamada axioloxía e incluso estimativa, arranca co concepto kantiano de valor moral (echt moralischer Wert) e da doutrina nietzschiana do cambio de valor de todos os valores. Desenvolvérona M. Scheler e N. Hartmann, H. Rickert, C. von Ehrenfels e, sobre todo, A. von Meinong.
-
valor lingüístico
[LING]
Sentido dunha unidade lingüística definida polas posicións relativas que toma no interior dun sistema lingüístico, segundo F. de Saussure. O valor oponse á significación definida por referencia ao mundo material (á substancia). As unidades lingüísticas non varían, sexan cales sexan as súas realizacións fónicas ou gráficas, de onde se deduce que a lingua é unha forma, non unha substancia.
Refráns
- Algo vale o queix o cando o dan ao peso.
- As veces vale máis o viño cás borras; e de contino vale máis o viño.
- Casa de terra, cabalo de herba e amigo de pousada non valen nada.
- Máis que cen de pardal vale un ha de asnal.
- Máis vale algo que nada.
- Non hai palabra que, pouco ou moito, algo non valla.
- Tanto vale a cousa, canto se dá por ela.
- Tanto vale a prenda canto dan por ela.
- Vale quen chaman -dixo o tolo.