"Als" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
GALICIA
Escritor, economista e músico. Entre as súa produción literaria destacan o poema El cerco de Zamora por el rey D. Sancho II de Castilla e a peza teatral Castigo del cielo. Como economista publicou Manual de Hacienda Pública (1845) e no eido musical Álbum para guitarra (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, director de orquestra e violonchelista. Estudiou na Escola Municipal de Música de Barcelona, en Madrid, Bruxelas e París, grazas á protección do conde de Morphy e recomendado por Albéniz. O éxito da súa carreira internacional comezou en París en 1899. Ademais das súas actividades como solista (a través das que revolucionou o concepto técnico e expresivo do violonchelo) e de carácter docente, cómpre destacar a súa dedicación á música de cámara, que ten como expoñente máximo o trío que constituíu xunto con J. Thibaut e A. Cortot. Entre outras das súas iniciativas destacan as fundacións, en Barcelona, da Orquestra Pau Casals (1920-1939) e da Asociació Obreira de Concerts (1926-1939). A súa vida experimentou un cambio importante a raíz da Guerra Civil española e da Segunda Guerra Mundial: exiliado voluntariamente en Prada (Conflent), o seu silencio só se rompeu (á parte de excepcionais actuacións individuais) cos festivais de Prada (1950-1966) e, desde 1960, coa difusión para...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1870 en Barcelona por Ramón Casals Lamarca. Especializada en libros de texto e materiais complementarios para os niveis de infantil, primaria, ESO e bacharelato, publica tamén literatura infantil e xuvenil en lingua galega, castelá, catalana, valenciana e euskera. A ela están asociadas a Editorial Magisterio Español, a Editorial Onda e Combel de Editorial ESIN. En lingua galega e baixo a colección Trolebús publicou, entre outros libros: O pirata da illa de prata, A cidade de Aldara e A princesa e o dragón.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico mexicano. Formouse no IDHEC de Francia. Cando regresou ao seu país tentou introducir novas tendencias pero sen romper coas antigas tradicións barrocas do cine mexicano. El jardin de tía Isabel (1971) é unha das súas realizacións máis destacadas. Dirixiu tamén: La manzana de la discordia (1968), Aquellos años (1972), Los motivos de Luz (1985) e Lo del César (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Korlogiji Čojbalsan.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Milán, Lombardia, (75.383 h [1997]). É un importante núcleo industrial que forma parte da conurbación da cidade de Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e xesuíta. Realizou as súas primeiras experiencias científicas no observatorio meteorolóxico de Manila (1888-1894), onde promoveu o plan magnético das Filipinas. En 1905 fundou o Observatori de l’Ebre, que dirixiu ata 1920. En 1914 creou a revista científica Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Cursou estudios en Verín, Barcelona e Ourense, onde se diplomou por maxisterio en filoloxía galega, española e inglesa. Discípulo de Xesús Taboada, comezou a colaborar dende o ano 1978 na prensa de Galicia (A Nosa Terra, A Peneira, Faro de Ourense, Faro de Vigo, La Región, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, Xornal do Támega) con artigos referentes á etnografía, historia, arqueoloxía, patrimonio, pedagoxía e socioloxía, e en revistas especializadas (A Nosa Memoria de ANT, Revista Galega de Educación, A Peneira, O Irmandiño, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Escaramuza). Publicou, entre outras obras, Os outros vigos. Coruxo (1987), 70 anos de fútbol en Verín (1990), O entroido en terras de Monterrei (1990), Monterrei, 5 séculos de cultura (1994), García Barbón e o colexio de La Salle no centenario da súa fundación (1995),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Usurpador do trono ruso (1605-1606). Identificouse co monxe Grigorij Otrep’ev, quen, sostido por un exército de polacos, cosacos e nobres, usurpou a identidade do herdeiro de Iván o Terrible, Demetrio Ivanovič, morto en 1591. Derrotouno Boris Godunov (1605), pero, trala morte deste, foi proclamado tsar. O seu catolicismo e a súa vinculación a Polonia desamigárono co clero ruso. Morreu asasinado no Kremlin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Realizou, entre outras obras, o Zeus Stratios de Nicomedia e a Venus de crequenas, da que se conserva unha copia denominada Venus de Vienne no Museé du Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeofísico e explorador alemán. Entre 1891 e 1893 efectuou expedicións científicas a Groenlandia e descubriu a Terra do Emperador Guillerme II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de Francesc Galí, formouse na Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona (1926). Construíu, xunto con Pelai Martínez, o Palau de les Arts Gráfiques da Exposición Internacional de Barcelona (1929) e fixo o vestíbulo da Estació de França. En 1933 asociouse ao Grup d’Arquitectes e Técnics Catalans per al Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). Realizou, entre outras obras, a casa Espona (1934-1935) e a casa Cardenal (1935-1940), rematou a igrexa de Montserrat en Barcelona e restaurou a sala capitular do mosteiro de Sant Joan de les Abadesses (1948-1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen embalsama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de embalsamar.
-
-
Evitar a putrefacción dos cadáveres inxectando nos seus vasos diferentes líquidos conservadores e enchendo ao mesmo tempo as súas cavidades con substancias olorosas e balsámicas. O que se pretende é evitar a multiplicación dos microbios, destruíndo os que estean presentes e impedindo a súa posterior contaminación, e a autólise dos sistemas enzimáticos do cadáver, para o que se empregan substancias coaguladoras das proteínas. Esta conservación dos mortos dunha maneira artificial xa se practicaba no antigo Exipto, baleirando as vísceras e enchendo o corpo con substancias pouco coñecidas como bálsamos ou resinas. O método de embalsamamento moderno máis habitual consiste en inxectar pola arteria carótide uns catro litros de líquido composto de formol, alcol etílico, auga destilada e hexametilenetetramina, uns dous litros pola arteria xeral, un litro en cada cavidade pleural e outro nas cavidades abdominal e cranial. Tamén existe un método de conservación temporal que consiste en poñer diversas...
-
Encher de aromas balsámicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer medeiros na leira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo creado polo filósofo K. R. Popper a partir do verbo inglés to falsify (‘refutar’) e que establece un novo criterio de demarcación entre o que é ciencia e o que non é ciencia. Segundo él, un enunciado ou unha teoría é científica se pode ser falseable pola experiencia ou por medio da contradición interna. Desta maneira, o problema formulado por I. Kant sobre como distinguir o que é ciencia do que non, queda resolto. Así, por exemplo, a teoría do Big-Bang é científica porque pode ser falseada pola experiencia mentres que a astroloxía non, porque non pode ser falseada. En definitiva, desprázase a verificabilidade en beneficio da falsabilidade dos sistemas científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha proposición que pode ser posta a proba e desmentida polos feitos ou por un experimento adverso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de falsar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método filosófico que propón a falsabilidade para probar a non adecuación dunha proposición á realidade.