"Andra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 121.
-
PERSOEIRO
Emperador indio (375?-414). Foi o terceiro membro da dinastía Gupta. Chegou ao trono despois de asasinar o seu irmán, Ramā Gupta, e casar coa súa muller. Proseguiu a política do seu pai Samudragupta, conquistou o reino Śaka arredor do ano 388 e estableceuse na súa capital, Ujjain. Asegurou o seu imperio mediante alianzas matrimoniais. Alcanzou fama de emperador benévolo e bo administrador, estimado polos seus vasalos. Con frecuencia identificouse co lendario Vikramāditya, unha especie de rei Salomón da India.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador da India (321?-296 a C). Xeneral da dinastía dos Nanda que, despois de derrocar o rei Mahāpadma Nanda de Magadha, fundou o Imperio Maurya. Estendeu os seus dominios polo N da India, co que iniciou o gran imperio que continuaron Bindusāra e Aśoka o Grande. Derrotou a Seleuco I Nicátor, que pretendía recuperar os territorios que conquistara Alexandre o Grande no val do Indo, e asinaron un tratado de paz (305 a C). Estableceu a capital en Pā ṭ aliputra.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Mahārāshtra, na India (225.841 h [1991]), situada ao S de Nāgpur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alor máximo da masa dunha estrela anana branca (non rotatoria); máis alá deste, a estrela colápsase gravitacionalmente cara a unha estrela de neutróns ou, eventualmente, cara a un buraco negro. O seu valor é de 1,44 veces a masa do Sol para unha estrela anana branca de helio, de 1,40 masas solares para unha anana de carbono e de 1,11 masas solares para unha anana branca de ferro.
-
PERSOEIRO
Astrofísico indio. Estudiou as estrelas ananas brancas e determinou a súa masa máxima (límite de Chandrasekhhar) e tamén a do núcleo de helio dunha estrela (límite de Chandrasekhar-Schönberg). Investigou tamén sobre a transferencia de enerxía por radiación e convección ás atmosferas estelares, e a polarización da luz emitida por determinadas estrelas. Recibiu, xunto con W. Fowler, o Premio Nobel de Física en 1983. Entre as súas obras, cómpre destacar An Introdution to the Study of Stellar Struture (Unha introdución ao estudo da estrutura estelar, 1939) e The Mathematical Theory of Black Holes (A teoría matemática dos buracos negros, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alor da masa límite do núcleo de helio dunha estrela. Se este valor supera o 10-15% da masa total da estrela, o núcleo contráese rapidamente.
-
PERSOEIRO
Novelista bengalí. Influído por Walter Scott, cultivou a novela histórica e chegou a ser un dos autores máis populares da India do seu tempo. É autor da canción india Bande Mātaram (Saúdo á nai).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora chilena. Formouse na Escuela de Bellas Artes da Universidad de Chile, da que foi profesora de escultura (1950). Ampliou estudios en París (1948) e Londres (1951). Na súa obra, realizada en pedra e madeira, evocou as manifestacións artísticas dos pobos amerindios. Entre as súas obras destacan Puerta del Sol (1976) e Signel (1988). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Concurso Internacional do Monumento ao Prisioneiro Político Descoñecido (Londres, 1952), o primeiro Premio de Escultura da VIII Bienal de São Paulo (1965), a Medalla do Congreso Nacional (1970) e o Premio Nacional de Arte (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011).... -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos da familia das solanáceas, de ata 3,5 m de altura, pubescentes e con follas en forma de corazón de ata 40 cm de lonxitude. Presentan flores recendentes, pentámeras, con forma de funil e de cor vermella, que dan lugar a froitos en baga alongada, de ata 7 cm de lonxitude e cor laranxa; estes cómense frescos ou cocidos e teñen sabor a tomate acedo. A especie C. betacea, orixinaria de Brasil e Perú, cultívase na rexión andina e noutras zonas subtropicais. En Galicia cultívase como ornamental.
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista brasileiro. En 1920 trasladouse coa súa familia a Belo Horizonte, licenciouse en Farmacia e logo ocupou diversos cargos ligados á área de educación e cultura. Foi colaborador dos xornais Diário de Minas, Minas Gerais, Diário da Tarde, A Tribuna, A Manhã, Correio da Manhã e Folha Carioca. A súa obra, vangardista na literatura brasileira, caracterízase pola mestría construtiva e polo humor inciso. Destacan as súas obras Alguma poesia (1930), Brejo das almas (1934), Sentimento do mundo (1940), Poesias (1942), A rosa do povo (1945), Contos de aprendiz (1951), Lição de coisas (1962), Caminhos de João Brandão (1970), As impurezas do branco (1973), A paixão medida (1980), Corpo (1984) e Farewell (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e restaurador. Comezou a súa andaina artística como pintor e, dende 1871, dedicouse á restauración de monumentos. O ministerio de Instrução Pública nomeouno en 1884 delegado rexio para a conservación dos monumentos do Piemonte e a Liguria. Para a exposición de Turín de 1884 proxectou o burgo medieval do Valentino, onde reproduciu os monumentos da rexión do Piemonte e do Val de Aosta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Iniciou os seus estudios de belas artes no Finch College e de investigación social no New York School of Social Research, ambos en Nova York. Posteriormente, estudiou fotografía no The International Center of Photography (ICP), tamén en Nova York. Publicou Nostalgia del futuro (1981), El Imperio nos visita nuevamente (1990) e Por los caminos del Chagres: Emberás, los hijos del Río (1998). Expuxo a súa obra no Center for Inter-American Relations de Nova York (1975), no Museo de Bellas Artes de México (1981), na Academie Kunste de Berlín (1982), no Centre Georges Pompidou de París (1982), no Museo Nacional de La Habana (1984), na V Fotobienal celebrada en Vigo (1992), na XXIV Bienal de São Paulo (1998) e na II Bienal Iberoamericana de Lima (1999). Obtivo o premio Crystal Apple no New York Film Festival en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Trasladouse a París en 1908, onde ingresou na Académie de la Grande Chaumière, e entrou en contacto coas vangardas. Introduciu en Rusia o cubismo e o futurismo. Instalou un taller en Kiev onde realizou deseños suprematistas e bosquexos para decorados teatrais. Participou, entre outras mostras, no Salon des Indépendants de 1912 e 1914.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e diplomático, sétimo conde de Lemos, conde de Vilalba e de Andrade e marqués de Sarria. Presidente do Consello de Indias (1603-1610), durante o seu mandato conquistouse o arquipélago das Molucas (1606). Foi vicerrei (1610-1616) en Nápoles, onde creou a Academia degli Oziosi e realizou numerosas obras públicas. Foi embaixador extraordinario de Filipe IV en Roma, comendador da orde de Alcántara e presidente do Consello de Italia (1616-1618). Destacou como mecenas de numerosos escritores, entre outros, Cervantes, Quevedo e Lope de Vega. Fundou os conventos de San Xacinto e o das franciscanas da Madre de Deus en Monforte. Escribiu Relación de la Provincia de los Quixos (1608).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversos vermes da clase dos nematohelmintos que habitan no intestino das aves, especialmente nos falcónidos.
-
GALICIA
Señor de Pontedeume, fillo de Roi Freire de Andrade. Nomeado en 1371 gobernador da Coruña, trasladouse a Portugal tralo recoñecemento de Enrique II de Trastamara como rei de Castela. En Portugal recibiu o título de mestre da Ordem de Cristo e Pedro I de Portugal encargoulle a educación do seu fillo Xoán. Coa sinatura do Tratado de Santarém entre Fernando I de Portugal e Enrique II, foi entregado ao monarca castelán como garantía do cumprimento do pacto. En Portugal iniciou unha nova rama na liñaxe dos Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Señor de Pontedeume, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Caracterizouse pola tiranía e despotismo no exercicio do poder, o que o enfrontou en 1411 ao cóengo compostelán Xoán López de Vilouzás e aos monxes do mosteiro de Sobrado e que en 1431 provocaron o inicio da Primeira Guerra Irmandiña nos seus territorios. A revolta dos seus vasalos adquiriu tal magnitude que só puido ser controlada grazas á intervención da coroa, coa que tiña boas relacións tras aloxar nas súas terras o infante Enrique de Aragón (1428) e acompañar a Xoán II na guerra contra Aragón (1429). Todas estas accións valéronlle o sobrenome do Mao. Trala súa morte, foi soterrado na capela maior da igrexa do mosteiro do Monfero, ao que beneficiara en numerosas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO