"Anzo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘brazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. herba dos úmeros.

    2. valdeba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que reciben distintos peixes dos xéneros Notolepis, Hyperoplus, Sudis e Alepisaurus, que presentan o corpo moi alongado e comprimido.

    2. Peixe óseo, de ata 29 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido, cabeza forte con ollos grandes e aleta dorsal curta á que lle segue unha adiposa próxima á base da aleta caudal. É de cor abrancazada con puntos negros ao longo do costado. Aliméntase de peixes e crustáceos.

    3. bolo común.

    4. Peixe óseo carnívoro, de ata 1 m de lonxitude, que presenta o corpo e a cabeza alongados e comprimidos lateralmente, ollos grandes, aleta dorsal pequena e aletas pectorais grandes e amplas. É de cor amarela con puntos negros nas partes ventrais.

    5. Peixe óseo, de ata 2 m de lonxitude, que presenta o corpo moi alongado e comprimido lateralmente, aleta dorsal moi longa, que ocupa case todo o dorso, en forma de abano, e pel sen escamas. É de cor verdosa con reflexos azulados no costado. Aliméntase de peixes, cefalópodos e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Louredo (Mos) e que entronca cos Andrade. As súas armas levan, en campo de azul, un carballo ao natural, perfilado de prata e terrazado de sinople e, arrimadas á súa copa, cinco lanzas de prata, coas varas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, e dez lanzas, apoiadas ao seu tronco; bordo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: escáncer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado no ambiente da ilustración lombarda, adoptou os principios da cultura romántica a través da ideoloxía dos críticos e escritores franceses dos primeiros anos do s XIX. A súa formación intelectual concluíu coa súa adhesión ao catolicismo de orientación xansenista. A súa obra énchese de modelos esquemáticos da tradición literaria anterior e exprésase co italiano falado pola burguesía, como mostra da funcionalidade social da literatura e a súa orientación a un público non especializado. Da súa produción destacan Inni sacri (1812-1822), as Odi (Cinque maggio, Marzo 1821), e varias traxedias que representan a parte máis significativa da súa produción, e a novela I promessi sposi (1825-1827), a súa obra máis importante que narra a historia das desventuras de dous campesiños contra os que se manifesta a mala vontade dos poderosos, no s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Giacomo Manzú, traballou especialmente os temas relixiosos. As súas obras baseábanse na lixeireza dos seus personaxes, a sutilidade, o intimismo e unha marcada espiritualidade. Da súa produción destacan Cardinali (1949-1951) e Porta della morte (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista. Dedicouse á pintura, ata que a considerou unha linguaxe inacabada e o material se converteu en obxecto artístico, como en Corpi d’aria. Rexeitou a cor na serie Achromes (1957). A súa actitude contribuíu decisivamente ao cambio da linguaxe artística da década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo que presenta un carpóforo formado por 2 ou 3 pregaduras dispostas á maneira dunha sela de montar, e outras veces adoptan formas máis irregulares, cerebriformes. É de cor gris escura, case negra, ás veces con tonalidades azuladas, mentres que na cara interior o gris é moito máis claro. O pé, ben diferenciado do carpóforo, é ancho, de cor gris ou parda, oco e cunhas grosas costelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñecen as aves da familia dos lánidos. Presentan a fronte e os lados da cabeza de cor negra brillante, e a parte superior da cabeza e a posterior do pescozo de cor gris, co pico ganchudo. Predan sobre outras aves, micromamíferos, réptiles e insectos.

    2. Ave de 24 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta dorso gris escuro, peito rosado e ás negras cunha raia branca. As patas e o peteiro son negros. Vive en zonas de monte baixo ou arboradas con mato, e distribúese por case toda Europa; en Galicia é sedentaria e non adoita estar nas zonas costeiras.

    3. Ave de aproximadamente 18 cm de lonxitude; o macho ten a caluga e o curuto vermellos e o resto do corpo alterna o negro con algo de branco nas ás, na mitra, no ventre e en dúas franxas no dorso. Viven en zonas de campo aberto con árbores espalladas e arbustos. De carácter estival, pode localizarse na parte S de Galicia, especialmente en Ourense.

    4. Ave de aproximadamente 17 cm de lonxitude, que presenta certo dimorfismo sexual; o macho ten a cara branca cun anteface negro, a cabeza e a mitra gris, o dorso pardo avermellado, o peito pardo moi claro e a cola negra, coas rectrices externas brancas. A femia é parda polo dorso e ten o ventre con liñas horizontais castañas, e o anteface da cara pardo. Vive en zonas de mato. Estival, pode localizarse en case toda Galicia, sobre todo no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dun río onde a corrente de auga se fai moi lenta ou se detén.

    2. Cada unha das superficies planas dunha escaleira ao final dun tramo, especialmente nos ángulos do oco da escaleira.

    3. Zona plana que interrompe a pendente dun camiño ou dun terreo.

    4. Cambio moi pronunciado na dirección dun camiño, dunha rúa ou dunha estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Foi director do Centro de Documentación Europea e deputado no Congreso de los Diputados polo CDS (1986-1989). Publicou Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudo de la población en Galicia (1961-1975) (1978) e Representaciones gráficas de datos estadísticos (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peite alto de madeira con dentes longos, colocado sobre un banco, polo que se pasa o liño para tirarlle as sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festa patronal que se celebra anualmente en Betanzos. Destaca o globo que se eleva a noite do 16 de agosto. Claudino Pita Pandelo deseñou un novo modelo en 1875 e desde entón continúan coa tradición os seus descendentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria que está situado no val de Toranzo e drenado polo río Pas (1.640 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado ou parede que separa as cortes dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vicenzo que dá nome ao concello de Vimianzo, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO