"Arad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 227.

  • Unidade de capacidade eléctrica derivada do Sistema Internacional (SI). É a capacidade dun condensador eléctrico que posúe unha carga de 1C cando se lle comunica unha diferenza de potencial de 1V: 1F=1C/V. Na práctica, empréganse só os submúltiplos: o microfarad ou millonésima de farad (µF), o nanofarad (nF) e o picofarad (pF).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de electricidade necesaria para liberar ou depositar electroliticamente un equivalente-gramo de electrólito. Equivale a 96.489 coulombs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cilindro metálico baleiro, conectado a un electroscopio provisto dunha escala graduada, que permite determinar a carga eléctrica dos corpos que se introducen nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción dunha dobre refracción nun corpo ou nun líquido normalmente isótropo para a luz cando, mediante a acción dun campo magnético apropiado, se produce unha anisotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa pechada de tea metálica, en forma de gaiola, que ten a propiedade de illar o seu interior da influencia dos campos electromagnéticos exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei fundamental do electromagnetismo, descuberta en 1831 e completada en 1945 por Neumann, que establece que, nun circuíto pechado sometido á acción dun campo magnético variable, se induce unha forza electromotriz proporcional á derivada respecto ao tempo do fluxo magnético que abarca o circuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis que rexen a condución da electricidade a través de disolucións electrolíticas. A primeira lei di que as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais ás cantidades de electricidade que atravesan a disolución. A segunda lei di que se unha corrente atravesa diversas celas electrolíticas, conectadas en serie, as masas das substancias que se depositan nos electrodos son proporcionais aos equivalentes químicos de cada un destes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e químico inglés. Fillo dun ferreiro, aprendeu o oficio de encadernador, ao mesmo tempo que se dedicou ás lecturas científicas e filosóficas. Asistiu ás conferencias de Humphry Davy (1812); este nomeouno (1813) o seu axudante no Royal Institute, do que chegou a ser superintendente (1821) e director (1825). Foi membro da Royal Society (1824) e da Académie Française des Sciences, e profesor de química (1833). En 1821 comezou o estudo da electricidade e do magnetismo; descubriu a produción dunha forza electromotriz nun condutor sometido a un campo magnético (lei de Faraday), introduciu o concepto de liña de forza, enunciou as leis cuantitativas da electrólise (leis de Faraday) e descubriu a rotación do plano de polarización da luz mediante campos magnéticos (1845). Licuou diferentes gases e descubriu dous cloruros de carbono e o benceno. Sen os traballos de Faraday sería imposible toda a técnica actual de produción e distribución de correntes eléctricas, gran parte da electroquímica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro e historiador. Cadí de València, escribiu unha Historia dos sabios de Al-Andalus, que permitiu un mellor coñecemento dos primeiros séculos da dominación árabe na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao farad.

    2. Relativo ou pertencente ás teorías de M. Faraday.

    3. Aplícase ás correntes eléctricas alternas inducidas, que se producen por interrupción repetida da corrente continua nunha bobina de indución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de faradizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicar unha corrente inducida, aos músculos ou aos nervios, con finalidade terapeútica ou para realizar unha diagnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fillos ou anovos dunha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chorro de líquido que sae con forza e dunha soa vez, normalmente cun cheiro desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo alpino constituído principalmente por rochas cristalinas, situado entre os vales do Orco e do Dora Baltea, dos Alpes de Graies. Ten grandes altitudes, como o Gran Paradiso (4.061 m) e o Grivola (3.969 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de pouco calado propulsada por unha hélice aérea ou por un motor de reacción. Pode ser de perforación superficial ou somerxido. O primeiro modelo está especialmente adaptado a augas tranquilas porque nos mares axitados a aleta tende a seguir o movemento ascendente e descendente das ondas e pode provocar fortes sacudidas..

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do Bósforo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurxo I de Serbia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía serbia fundada no s XIX por Djordje Petrović Karadjordje (Xurxo I de Serbia), de quen tomou o nome. Foron membros destacados Alexandre I de Serbia, Pedro I de Serbia, Alexandre I de Iugoslavia e Pedro II de Iugoslavia.

    VER O DETALLE DO TERMO