hidroesvarador
hidroesvarador
(< hidro- + esvarador)
s
m
[MAR]
Embarcación de pouco calado propulsada por unha hélice aérea ou por un motor de reacción. Pode ser de perforación superficial ou somerxido. O primeiro modelo está especialmente adaptado a augas tranquilas porque nos mares axitados a aleta tende a seguir o movemento ascendente e descendente das ondas e pode provocar fortes sacudidas..