hidroextractor
hidroextractor
(< hidro- + extractor)
s
m
[TÉXT]
Aparato para efectuar unha hidroextracción. Os principios físicos máis empregados polos hidroextractores son os de presión (escorredoiro), centrifugación (centrifugadora) e succión (sucionadora).