hidrófido -da

hidrófido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hidrófidos.

  2. s m [ANIMAL]

    Ofidio da familia dos hidrófidos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de ofidios que se caracterizan pola posición dos orificios nasais, situados na parte superior do fociño e capaces de pecharse completamente. De habitat mariño, todas as especies son itiófagas e están dotadas dun veleno moi activo. Habitan no Pacífico, no Índico e no Mar Vermello.