"Arno" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Influído por Stiegliztz e Beaumont Newhall, traballou para Fortune, Life, Look, Newsweek e Enquire, e especializouse nos “environmental portraiture”, retratos en que captaba a atmosfera profesional e a vida dos fotografados, como a de John F. Kennedy ou Pablo Picasso. A súa obra recolleuse en publicacións como One’s Mind Eye (1974), Arnold Newman in Florida (1987) e Arnold Newman (2000). Recibiu a medalla de ouro da Bienal de Venecia (1963), o premio a unha vida de traballo da Sociedade Americana de Fotógrafos de revistas (1975), o Infinity Award for Master of Photography da ICP (1999) e foi nomeado doutor honoris causa (1981) pola Universidade de Miami.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Cadea montañosa de Grecia meridional, na rexión de Peloponeso, entre o golfo de Nauplia, o val do EurÌtas, o altiplano da Laconia e o cabo de Maléas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque etnográfico situado en Allariz. Xurdiu como un proxecto de recuperación e saneamento das beiras do río Arnoia. Está integrado polo Muíño do Burato (1992), museo dedicado aos muíños hidráulicos que se poden atopar ao longo do río e onde se mostra a moenda do cereal; o Museo do Tecido O Fiadeiro (1994), onde se amosan os aparatos empregados no cultivo e transformación do liño, un antigo tear en uso e un pequeno obradoiro, ademais de pezas antigas tecidas á man; o Museo do Coiro Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras (1994), sobre o proceso e ferramentas empregadas no curtido e que mostra os curtidoiros e as ferramentas propias do oficio; e o Museo Galego do Xoguete (1995), que mostra unha colección de xoguetes. Pertence ao Consello Galego de Museos.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Orbán (Vilamarín). O seu cumio acada os 751 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrofísico alemán. Doutor en Ciencias Físicas pola Columbia University (1962), elaborou unha tese para a construción dun amplificador de masa para experimentación en radioastronomía. En colaboración con Robert W. Wilson descubriu a radiación cosmolóxica universal de fondo, o que supoñía un apoio á teoría do Big Bang, e estudou as nubes moleculares do medio interestelar. En 1978 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con Wilson e P. Kapica. Publicou diversos artigos en revistas especializadas e libros, dos que cómpre destacar Ideas and Information (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político alemán. Membro da esquerda hegeliana, coñeceu a K. Marx. Foi antiidealista e criticou a especulación romántica e metafísica. Publicou entre outras obras, Die Platonische Ästhetik (1832), Neue Vorschule der Ästhetik (Nova escola preparatoria de estética, 1837) e Geschichte unserer Zeit (Historia do noso tempo, 1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolas Léonard Sadi Carnot.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Comba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
sarnento.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dedicado á busca de novas formas e técnicas narrativas, das súas obras destacan a biografía, Fouqué und einige seiner Zeitgenossen (Fouqué e algúns dos seus coetáneos, 1958), a novela-ensaio sobre a vida de E. A. Poe, Zettels Traum (O soño de Zettel, 1970) e as novelas Leviathán (1949) e Die Schule der Ateisten (A escola dos ateos, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudou contrapunto con Zemlinsky. Nas súas primeiras composicións, como Die verklërte Nacht (A noite transfigurada, 1899), Gurrelieder (1901), Pelléas et Mélisande (1902) e Simfonia de cambra (1906), nótase a influencia de Brahms e Wagner. De 1908 a 1913 escribiu obras expresionistas nas que renunciou á tonalidade como principio construtivo, como nas pezas para piano de 1909 e 1911, o monodrama Die Erwartung (A espera, 1909), para voz e orquestra, e Pierrot Lunaire (1912), para voz e cinco instrumentos. En 1923 presentou a técnica de compor con doce tons ou método dodecatónico. Destacan as Variacións, opus 31 (1926-1928) e Moses und Arón (Moisés e Aarón, 1930-1932). Exiliou en 1933 a EE UU onde escribiu A survivor from Warsav (1947). Xunto cos seus discípulos A. Berg e A. Webern formou a escola de Viena. Escribiu obras didácticas como Harmonielehre (Tratado de harmonía, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical polaca coñecida como Sindicato Profesional Libre Autoxestionario Solidarność. Creouse co Acordo de Gdańsk (1980), en que o goberno polaco tivo que aceptar, entre outras peticións dos obreiros en folga, a legalidade duns sindicatos libres. En decembro de 1981, despois do golpe de estado do xeneral Jaruzelski, o goberno militar suspendeu a actividade dos sindicatos libres e encarcerou o seu presidente Lech Waéęsa. En 1982 o parlamento ilegalizouno e foi recoñecido novamente en 1989. L. Waéęsa renunciou á súa presidencia ao ser elixido presidente da república (1990).
-
PERSOEIRO
Físico e matemático alemán. Elaborou diversas teorías sobre o xiroscopio, a difracción, os raios X ou os electróns metálicos. Perfecionou o modelo atómico de Bohr. Entre as súas obras destaca Atombau und Spektrallinien (A estrutura atómica e as líneas espectrais, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político indonesio. Enxeñeiro, destacou pola súa defensa do nacionalismo, que o levou a fundar (1927) o Partido Nacional de Indonesia. Encarcerado diversas veces polos neerlandeses, foi deportado a Sumatra. Ao rematar a guerra proclamou a independencia de Indonesia (17 de agosto de 1945), pero o goberno neerlandés volveu controlar o país ata a fin de 1949, cando o tivo que abandonar. En 1950 converteuse en presidente da República Unida de Indonesia. O seu poder persoal foi aumentando, ata que en 1959 modificou a constitución e asumiu atribucións ditatoriais. A raíz dun intento revolucionario comunista (1965), perdeu o poder efectivo, e en 1967 foi obrigado a dimitir e foi substituído (1968) polo xeneral Suharto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política, filla de Ahmet Sukarno. Dirixente indonesia do Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan (PDI-P), nacionalista e laico, foi vicepresidenta (1999-2001) e presidenta (2001-2004) de Indonesia, nomeada en substitución de A. Wahis, que foi destituído tras ser acusado de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
CIDADES
Cidade de Polonia, situada no L de Cracovia (121.828 h [2001).Ten refinarías de petróleo e produción de nitróxeno. De 1772 a 1918 pertenceu a Áustria, e desde 1786 foi capital dun bezirk.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Profesor da London University (1919-1955) e director do Royal Institute of International Affairs (1925-1955), a súa obra máis importante foi A Study of History (1934-1961), en doce volumes, en que tentou presentar as etapas evolutivas que, segundo a súa concepción cíclica da historia, se repiten en cada civilización: época de perturbacións, estado universal e interregno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Poeta nacional e símbolo da independencia de Noruega, destacou polas súas ideas revolucionarias. Publicou obras como Digte. Forste ring (Poesías. Primeiro círculo, 1829).
VER O DETALLE DO TERMO