Newman, Arnold

Newman, Arnold

Fotógrafo estadounidense. Influído por Stiegliztz e Beaumont Newhall, traballou para Fortune, Life, Look, Newsweek e Enquire, e especializouse nos “environmental portraiture”, retratos en que captaba a atmosfera profesional e a vida dos fotografados, como a de John F. Kennedy ou Pablo Picasso. A súa obra recolleuse en publicacións como One’s Mind Eye (1974), Arnold Newman in Florida (1987) e Arnold Newman (2000). Recibiu a medalla de ouro da Bienal de Venecia (1963), o premio a unha vida de traballo da Sociedade Americana de Fotógrafos de revistas (1975), o Infinity Award for Master of Photography da ICP (1999) e foi nomeado doutor honoris causa (1981) pola Universidade de Miami.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : New York