"Artur" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 68.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro da Xeración de 1936 e exiliado en 1939, escribiu poesía, como El hombre y el trabajo (1938) e La mano de Dios pasa por este perro (1965); novela, La cacatúa atmosférica (1977); e ensaio literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar brasileiro. Participou no golpe de estado de 1964 e foi ministro da Guerra (1964-1966). Foi presidente da república brasileira (1966-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Alfredo Souto Cuero. Polos destinos laborais de seu pai viviu en Oviedo, Zaragoza, Lugo ou A Coruña ata que en 1920 se estableceu en Sevilla, onde cursou estudos de aparellador. En 1922 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e traballou como decorador de cerámica para unha fábrica de Carabanchel. En Madrid realizou a súa primeira exposición (1925) e dos primeiros anos destacan obras como Maternidade (1928) ou Retrato de Mireya Dieste (1933). Identificouse politicamente coa Segunda República Española e para os seus fins propagandísticos realizou debuxos e carteis. Viaxou a París (Calle de París, 1930) en varias ocasións e en 1934 recibiu unha pensión da Academia Española de Roma. Ao remate da Guerra Civil Española (Milicianos nun interior, 1937; Cabalo branco, 1936-1939) exiliouse a EE UU e a México, onde residiu desde 1942. Traballou o óleo, a acuarela, a augada (Contemplación), o pastel e a cera,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundador e director dos xornais El Republicano, La Opinión Pública e El Nuevo Tiempo, cultivou a poesía e o drama. Da súa obra destacan Obra poética (1906), Estudios ingleses-estudios varios (1907) e Idola Fori (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado na tradición dos pintores da scapigliatura, inclinouse posteriormente cara ao postimpresionismo francés. Foi un dos fundadores do novecentismo pero non se integrou moi plenamente nel, a causa da influencia máis forte de P. Cézanne e de É. Bonnard. Pintou sobre todo paisaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Formado con Albert Boadella, Roberto Cordovani, Manuel Lourenzo e Roberto Salgueiro, dirixe a Escola Municipal de Teatro e a Mostra de Teatro de Cee. Participou como actor en montaxes de diversas compañías, como Talía Teatro, Aula de Teatro da Universidade de Santiago (1990-1996) e o Centro Dramático Galego. Dirixiu os espéctaculos Auto, en Berrobambán; Flores de papel, en Traslús Teatro; e Supermáis, Soños dun sedutor, O crime de aldea vella, TWC, Dakota, Pedro e o capitán, Aquí non paga ninguén e O rei aborrecido, en Talía Teatro. Ademais escribiu e estreou as pezas Menos lobos e Eu así non xogo, representadas por Talía Teatro. Recibiu o Premio María Casares 2004 ao mellor actor por Bicos con lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Delegado na Sociedade de Nacións (1930-1933) e ministro de Educación (1939-1941), foi secretario da presidencia do goberno (1941-1943) e de Interior (1945). Foi membro dun grupo literario de corte impresionista e renovador. Da súa obra literaria destacan Las lanzas coloradas (1931), Oficio de difuntos (1976), La isla de Robinson (1981) e La visita en el tiempo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e xornalista. Viviu en Madrid onde foi un dos integrantes da sociedade Galicia Literaria (1875). Regresou a Ourense en 1877, e en 1893 foi nomeado cronista oficial de Ourense. Colaborou en diversas publicacións, escribiu, entre outras obras, Venus y Momo (1978), Efermérides de Galicia (1878) e La arquitectura cristiana en la provincia de Orense durante el período medieval (1894). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vogal da Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense e socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO