"Aude" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 102.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Foi un dos promotores do “novo cine suízo”. Os seus filmes reflicten unha minuciosa observación da realidade social do seu país, como L’invitation (1973), La dentellière (1977) ou La Fouine (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés, señor de Gournay. Dedicado ao ensino, propugnou a liberalización da industria e a supresión das regulamentacións e dos monopolios. Atribuíuselle a frase “Laissez faire, laissez passer, le monde va de lui-même”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Defendeu o sensualismo e destacou a importancia da educación pública. Vinculado aos enciclopedistas, foi un dos precursores ideolóxicos da Revolución Francesa. Das súas obras destacan De l’esprit (1758), De l’homme, de ses facultés intellectuelles et de son éducation (1772) e Les progrès de la raison dans la recherche du vrai (1775) .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo do dramaturgo Prosper Jolyot. Coñecido co nome de Claude Crébillon, escribiu unha serie de contos longos, como Lettres de la Marquise de... au comte de... (1734), Les Égarements du coeur et de l’esprit (1736) e Le Sopha (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Saint Claud 1943) Esquiador. Especialista en esquí alpino, gañou a Triple Coroa coas súas tres medallas olímpicas nos Xogos Olímpicos de Inverno de Grenoble (1968), nas especialidades de slálom, slálom xigante e descenso. Tamén gañou a Copa do Mundo (1967-1968) e foi copresidente dos Xogos Olímpicos de Inverno de Albertville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Típico expoñente da cultura de Port-Royal, manifestada na súa Grammaire générale et raisonnée. Reformador do ensino, divulgou o coñecemento do latín, do grego e doutras linguas nos seus manuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento cordófono composto e sen cordal. A caixa, en forma de media pera, está unida a un mango de lonxitude variable. As cordas, habitualmente cinco dobres e unha sinxela, chamada prima, son pinzadas. É de orixe oriental e foi moi empregado nos ss XV-XVII, pero posteriormente caeu en desuso. Unha variedade máis grosa é o arquilaúde.

    2. Nome dado aos cordófonos compostos, na clasificación organolóxica moderna, nos que a caixa de resonancia, con ou sen cordal, vai unida a un mango de lonxitude e anchura variables. As cordas están fixadas por un extremo ao caravilleiro e por outro á caixa. Dentro da familia dos laúdes inclúense os diversos tipos de violas, violíns, os mesmos laúdes (mandolina, chitarrone) e as guitarras. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Pequena embarcación de arco variable aparellada con vela latina para a pesca e a cabotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prestación propia do réxime feudal que consistía nun tributo monetario ou en especias que se remuneraba ao señor do dominio directo na transmisión de bens inmobles. Nun principio abonábase só trala morte do vasalo pero posteriormente tivo que satisfacerse tamén no momento da sucesión. OBS: Tamén se denomina luísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Maitland.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do oficio divino, na liturxia romana, que constitúe a pregaria litúrxica dos matíns. Esencialmente constan duns cantos salmos dun cántico bíblico, xeralmente os salmos 148-150 ou laudate, que dan nome ao oficio, e o cántico do Benedic22tus.

    2. Hora en que se cantan as laudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista francés. Realizou proxectos fantásticos e idealistas baseados na simplicidade xeométrica, que non chegou a realizar. Destacan os proxectos de cidades circulares das salinas de Chaux e Arc-et-Sernans (1773-1779). Realizou o teatro de Besançon (1778-1784), as prisións de Aix-en-Provence (1786) e os pavillóns de arbitrios do recinto de París (1784-1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Presenta nos seus filmes un gran dominio da plástica e da linguaxe cinematográfica. Dirixiu Un homme et une femme (1966, Palme d’Or de Cannes 1966, Oscar ao mellor guión 1967), Vivre pour vivre (1967), Le Voyou (1970), Smic Smac Smoc (1971), Toute une vie (1974), Les uns et les autres (1981), Itinéraire d’un enfant gâté (1988), La belle histoire (1992). Les Misérables (1995) e And Now... Ladies and Gentlemen (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Traballou coas comunidades indíxenas do Mato Grosso e a Amazônia (1934-1939). Desde 1941 foi subdirector do Musée de l’Homme en París, director de estudios na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne (1950-1974) e catedrático de Antropoloxía Social no Collège de France desde 1959. O seu método, que se desenvolveu en Anthropologie struturale I (1958) e en Le Totémisme aujourd’hui (1962), consiste nun tratamento dos fenómenos humanos que recorre, sobre todo, ao modelo fenomenolóxico. A súa obra capital, Les Mythologiques (1964-1971), representou unha destrución da historia e unha busca do tempo perdido. En La pensée sauvage (1962) e Anthropologie struturale II (1973) intentou fundamentar a súa epistemoloxía. Tamén publicou Paroles données (1984) e Regarder, écouter, lire (1993). Foi membro da Académie Française desde 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra francés. Fundou a orquestra barroca La Grande Écurie et la Chambre du Roy (1967) e o grupo Florilegium Musicum de París (1970), para interpretar a música vogal polifónica da Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Christian-Jacque, a maioría da súa obra vincúlase co xénero historicista. Dos seus filmes destacan Le bidón d’or (1932), La Chartreuse de Parme (1948), Barbe-Bleue (1951), La seconde vérité (1966), La vie parisienne (1977) e Carné, l’homme à la caméra (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e novelista. Encadrado na nouveau roman francesa, publicou Le diner en ville (1959), e o ciclo de catro novelas Le dialogue intérieur (1957-1971), Les espaces imaginaires (1975), Un coeur tout neuf (1980) e Le temps immobile (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Coñecido como Clodion, foi discípulo de Lambert Sigisbert Adam. Fíxose famoso polas súas estatuas e baixos relevos de temática mitolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Residente en Le Havre desde cativo, foi discípulo de E. Boudin. Instalado en París en 1859, frecuentou a Académie Suisse, onde fixo amizade con C. Pissarro e admirou a C. F. Daubigny. Foi a Alxeria como soldado e impresionouno o país. En Le Havre tratou a J. B. Jongkind e, de novo en París, coñeceu a A. Renoir, A. Sisley e J. F. Bazille, con quen compartiu estudo en 1865, ano en que se presentou ao Salon e no que pintou Déjeuner sur l’herbe. O Salon de 1867 rexeitoulle Femmes au jardin. En 1869 pintou con Renoir as coñecidas vistas de La Grenouillère de Bougival. En Londres (1870) descubriu a J. Constable e W. Turner e presentáronlle a P. Durand-Ruel. En 1872 en Le Havre pintou as dúas versións de Impression, unha delas, Impression, soleil levant (1872), foi a obra que lle deu nome ao impresionismo. En 1877 pintou unha serie da Gare Saint-Lazare, en 1892 iniciou a serie da Cathédral de Rouen, e en 1899 a de Nymphéas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Ademais dos seus estudos sobre hidrodinámica (ecuación de Navier-Stokes), concibiu a primeira teoría xeral da elasticidade dos corpos sólidos. Xunto con Cauchy, enunciou as regras fundamentais do cálculo tensorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU, con sede en Xenebra, que se creou en 1948 para promover a mellora das condicións sanitarias en todo o mundo. Comprende unha Asemblea Mundial da Saúde, que se reúne anualmente, e un Consello Executivo, dirixido pola Asemblea.

    VER O DETALLE DO TERMO