"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ āfa ẓ a de Siria (33.060 km2; 722.000 h [estim 1995]). A súa capital é Dayr az-Zawr.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dayr al- Ǧ abrawī.
-
RIOS
Río do L dos EE UU que nace nas montañas Catskill, na cordilleira dos Apalaches, e desemboca despois dun percorrido de 450 km na baía de Delaware. Constitúe a fronteira entre os estados de Nova York e Pennsylvania e entre Nova York e New Jersey, ata que entra en Delaware.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado dos EE UU, na península de Delmarva (5.295 Km2; 744.000 h [estim 1998]). A capital é Dover (30.414 h [1996]). A rede fluvial está formada polo esteiro navegable do río Delaware. O clima é temperado e húmido, e domina o bosque atlántico. Cultívase un 60% do territorio, no que predominan os cereais, os produtos da horta, as patacas e as froiteiras. A industria química tradicional diversificouse enormemente despois da Segunda Guerra Mundial e converteuse no estado coa renda per cápita máis alta dos EE UU; adquiriu importancia o sector téxtil, a elaboración de madeira e a industria alimentaria. A densidade de poboación é de 103 h/km2, co 80% de descendentes de europeos, o 16,9% de afroamericanos e ao redor de 16.000 persoas de orixe hispana. As cidades máis importantes, ademais da capital, son Wilmgton, Newark, Milford e Elsmere. A rexión foi explorada por Hudson en 1609, e colonizada durante o s XVII por holandeses e suecos. En 1681 pasou a formar parte da colonia...
-
MACIZO
Macizo do Himalaia, Nepal, que ten no Dhawlāgiri (8.172 m) o seu cumio máis elevado. Ocupa o sétimo lugar entre as montañas máis elevadas do mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión de Harer, en Etiopia. Está situada ao N das montañas Gugu Ahma (164.851 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome malaio da illa de Xava.
-
PERSOEIRO
Escritor. Cofundador do grupo poético Kwadryga (1927), a súa poesía é de temática proletaria, con referencias á súa cidade natal. Publicou Powrót na Powisle (O retorno a Powisle, 1935) e Dom i inne wiersze (A casa e outras poesías, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Nas primeiras novelas, Welcome to Hard Times (Benvido aos tempos difíciles, 1960) e The Book of Daniel (O libro de Daniel, 1971), xa manifestaba unha orientación realista e de crítica social, pero con Ragtime (1975), describiu a sociedade americana de principios do s XX. Publicou ademais Loon Lake (1980), Billy Bathgate (1989) e a peza teatral Drinks before Dinner (Bebidas antes da cea, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que expresa a reintegración dunha parte dos impostos pagados pola importación de certos bens, en xeral materias primas, que, unha vez transformadas, se reexportan. Ten por obxecto reducir as repercusións que os dereitos arancelarios teñen no custo dos produtos exportados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorothy Faye.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. É autor de seis libros de poemas e de novelas dun barroquismo exaltado, con influencias de James Joyce e Henri Miller. Da súa produción destacan The Black Book (O caderno negro, 1938), Cefalú (1947), as catro novelas de Alexandria Quartet (O cuarteto de Alexandría, 1957-1960) e as cinco de Avignon Quintet (Quinteto de Aviñón, 1974-1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Comezou a súa andaina literaria con narracións surrealistas influídas por W. Gombrowicz. A súa prosa rexistrou con humor e intelixencia diversos aspectos da sociedade polaca contemporánea. Escribiu Jezioro Bodeńskie (Lago Constanza, 1946), Poźegnaia (A despedida, 1948) e Podroz (A viaxe, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra polaco. A súa obra, que comprende numerosas óperas, música de cámara e sacra, constitúe unha achega decisiva na creación dunha ópera nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que designa no Reino Unido o conxunto de normas establecidas e aplicadas na xurisdición do chanceler, a partir do s XVI, para completar e revisar a common law, insuficiente e pouco flexible. Caracterízase polo tratamento do caso individual e ten en conta principios de xustiza natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Irauadi.
-
PERSOEIRO
Sufraxista británica. Presidenta da National Union of Women Suffrage Societes (1897-1919), fundou en 1871 o Newnham College, primeiro colexio inglés só para mulleres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Escribiu composicións de tema paisaxístico (Poesía de la Sierra, 1908), zarzuelas e o libreto de La vida breve (1913), de M. de Falla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulado en 1919, traballou como delineante con Antonio Palacios. Defendeu os postulados de Le Corbusier. A súa estación de servizo para Petróleos Porto Pi en Madrid (1927) está considerada como a primeira obra racionalista de España. Proxectou, entre outras obras, o aeroporto de Madrid e o faro de Cristóbal Colón en Santo Domingo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta persa. De familia nobre, comezou na poesía con diversas composicións líricas e heroicas. Asasinado Daqīqī (980?), quen empezara un poema épico sobre a historia de Irán, dedicouse a continualo: o Snāme ou Libro dos Reis, que consta duns 60.000 dísticos inspirados en vellas tradicións iranianas ata a conquista árabe.
VER O DETALLE DO TERMO