"BOD" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 68.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo obodrita.

    2. Individuo do pobo obodrita

    3. Antiga poboación eslava establecida entre o Elba inferior e a costa báltica de Holstein e de Mecklenburg. Cara a 1170 o duque de Saxonia Enrique XII de Baviera o León someteunos e fixo deles un pobo cristián e xermanizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Seiró (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 875 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na Serranía de Ronda, na cordilleira Penibética (2.988 h [2001]). Destaca a elaboración de aceite e xabón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escenógrafo checo. Herdeiro da tradición figurativa, reelaborou a arte da escenografía grazas ás novas posibilidades da técnica. As súas obras caracterizáronse pola pureza arquitectónica e o bo uso da luz e do movemento. Das súas montaxes destacan Hamlet e O furacán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar checo. Durante a Segunda Guerra Mundial, organizou e dirixiu o exército. Máis tarde foi membro da Asemblea Nacional (1948-1968), xefe da Academia Militar (1954-1958) e unha figura destacada do Partido Comunista. Presidente da república durante a Primavera de Praga, mantívose no cargo despois da caída de Dubček (1968-1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación empírica descuberta en 1766 por Johann Daniel Titius e difundida por J. E. Bode en 1772, que dá as distancias dos diferentes planetas ao Sol a partir da sucesión 0,4; 0,7; 1,0; 1,6; 2,8; 5,2. Estes valores coinciden cos valores das distancias dos planetas ao Sol, medidas en unidades astronómicas (UA). O descubrimento dos planetas Neptuno e Plutón puxo de manifesto que as distancias reais ao Sol non correspondían coas preditas por esta lei. OBS: Tamén se denomina lei de Bode.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi director xeral da UNESCO (1948-1952) e membro numerario da Academia Mexicana de la Lengua. Da súa obra poética destaca Fervor (1918), El corazón delirante (1922), Biombo (1925) e Sin tregua (1957), e dos seus ensaios Contemporáneos (1928) e El escritor en su libertad (1953). Tamén publicou novelas, narracións e as memorias Tiempo de Arena (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO