Titius-Bode, lei de
Titius-Bode, lei de
[ASTRON]
Relación empírica descuberta en 1766 por Johann Daniel Titius e difundida por J. E. Bode en 1772, que dá as distancias dos diferentes planetas ao Sol a partir da sucesión 0,4; 0,7; 1,0; 1,6; 2,8; 5,2. Estes valores coinciden cos valores das distancias dos planetas ao Sol, medidas en unidades astronómicas (UA). O descubrimento dos planetas Neptuno e Plutón puxo de manifesto que as distancias reais ao Sol non correspondían coas preditas por esta lei. OBS: Tamén se denomina lei de Bode.