Titicaca
Titicaca
Lago, o máis grande de América do Sur (8.330 km2), situado entre Perú e Bolivia, no antiplano andino, a 3.812 m de altitude. No S, as penínsulas de Copacabana e Taraco dividen o lago en dúas partes. Nel sitúanse dúas penínsulas: a de Copacabana, na parte occidental, e a de Huata, na parte oriental, separadas polo estreito de Tiquina. Na beira, especialmente en Puno, medra a totora, coa que os indios urus construíron illas artificiais que flotan sobre as augas.