titanoterio -ria
titanoterio -ria
(< lat científico Titanotherium)
-
adx
Relativo ou pertencente aos titanoterios.
-
s
m
[PALEONT]
Mamífero do grupo dos titanoterios.
-
s
m pl
[PALEONT]
Grupo de mamíferos perisodáctilos primitivos que tiveron a súa máxima importancia durante o Eoceno e o Oligoceno. Tiñan as patas curtas, con catro dedos nas de diante e tres dedos nas de atrás, un par de cornos bastante grandes na parte frontal do cranio e o cerebro moi pequeno. As formas máis grandes chegaron a ter 2,5 m de altura.