titanio
(
Elemento metálico de número atómico 22 e peso atómico 47,90, pertencente ao grupo IVB da táboa periódica. Constitúe un 0,63% en peso da superficie terrestre e abunda nas estrelas do tipo M e na Lúa. É duro, resistente e maleable, e presenta a baixa temperatura unha boa resistencia á corrosión. Desde o punto de vista químico, é un elemento reactivo e non é atacado polo osíxeno atmosférico, a humidade, as solucións alcalinas nin os ácidos diluídos, pero disólvese en hidrácidos e ácidos oxidantes concentrados, e é atacado por álcali en medio oxidante. Os seus minerais máis importantes son a ilmenita e o rútilo. As aplicacións máis importantes do titanio derivan da súa resistencia á corrosión, das propiedades mecánicas e da pouca densidade. Emprégase na industria aeronáutica, na do armamento e en plantas químicas, especialmente para a fabricación de elementos que están en contacto co cloro. Foi descuberto en 1791 polo químico inglés William Gregor e illado en forma relativamente pura por Lars Fredrik Nilson e Petterson en 1887.