titanoterio -ria

titanoterio -ria

(< lat científico Titanotherium)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos titanoterios.

  2. s m [PALEONT]

    Mamífero do grupo dos titanoterios.

  3. s m pl [PALEONT]

    Grupo de mamíferos perisodáctilos primitivos que tiveron a súa máxima importancia durante o Eoceno e o Oligoceno. Tiñan as patas curtas, con catro dedos nas de diante e tres dedos nas de atrás, un par de cornos bastante grandes na parte frontal do cranio e o cerebro moi pequeno. As formas máis grandes chegaron a ter 2,5 m de altura.

Palabras veciñas

titanífero -ra | titanio | titanita | titanoterio -ria | Titchener, Edward Bradford | tití | Titicaca