"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Escribiu comedias, comparadas ás de Molière, primeiro en colaboración como Le concert ridicule (O concerto ridículo, 1689), Le grondeur (O rosmón, 1691), ou Le muet (O mudo, 1639); e despois só, como L’important de cour (O importante de corte, 1694).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de filarias ao que pertence a especie B. malayi, parasita do sistema linfático do ser humano, no que causa unha forma de elefantiase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista alemán. En 1876 publicou un artigo sobre as nasais silábicas indoeuropeas que revolucionou as concepcións ata entón admitidas e abriu unha polémica da que naceu o grupo Junggrammatiker (Neogramáticos) e o debate sobre a regularidade das leis fonéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. Foi profesor en Göttingen en 1868 e, entre 1870 e 1879, director da Escola de Exiptoloxía do Cairo. A súa obra, moi vasta, orientouse preferentemente cara aos estudios demóticos e xeográficos: Grammaire démotique (Gramática demótica, 1855), Ditionnaire hiéroglyphique et démotique (Dicionario xeroglífico e demótico, 1867-1882), Geographische Inschriften altägyotischer Denkmäler (Inscricións xeográficas dos monumentos do Antigo Exipto, 1857-1860), Ditionnaire géographique de l’ancienne Egypte (Dicionario xeográfico do Antigo Exipto, 1879). En 1863 fundou a revista Zeitschrift für ägyptische Sprache und Altertumskunde (Revista de lingua e arqueoloxía exipcia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España absoluto en 1987. Xogador profesional dende 1988, gañou os seus primeiros torneos no circuíto da ATP en 1991 (Estoril, Montecarlo, etc). Especialmente hábil no xogo sobre pistas de terra batida, o seu esplendor viviuno entre 1993 e 1994, anos nos que se proclamou de xeito consecutivo campión do torneo de Roland Garros (campionato internacional de Francia, un dos catro que integran o Grand Slam), considerado o máis importante dos que se disputan sobre ese tipo de superficie. Integrante do equipo español, nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 acadou a medalla de prata na categoría individual masculina. A súa mellor posición na clasificación mundial obtívoa en 1994, cando ocupou o 3º posto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial barcelonesa creada en 1942. Sucedeu á editorial El Gato Negro, fundada en 1912 por Joan Bruguera i Teixidó. En 1954 constituíuse en sociedade anónima. Publicou, principalmente, novela rosa, policíaca e libros e revistas infantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán, conde de Brühl. Ministro do elector de Saxonia e Rei de Polonia Augusto III dende 1733, foi nomeado primeiro ministro en 1749.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roda motriz vertical dotada dunhas paletas radiais e semellante ao rodicio, pero de maior dimensión e situada no exterior. Se está instalada nun río caudaloso e con pendente, coa parte inferior mergullada na auga, ponse en funcionamento ao seren empurradas pola corrente as mesmas paletas; se está fóra do curso da auga, o seu funcionamento vén dado polo chorro que cae tanxencialmente dende unha canle situada enriba da mesma bruia. Esta peza dálle nome ao muíño de bruia ou acea, menos coñecido ca o resto dos muíños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Son característico que emiten certos animais, especialmente o boi, a vaca ou o touro.

    2. Ruxido que emiten outros animais como pode ser o porco, o león e outras feras.

    3. Ruído que produce o vento forte ou o mar bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán de carácter satírico aparecida en Ourense o 30.6.1901. Foi subtitulada como “Número provisional”. Os seus colaboradores asinaban con pseudónimos como C. Vichy ou Adolfo. Editouse na imprenta La Editorial. De periodicidade semanal nun principio, pasou a ser irregular nalgún dos seus números. Puido existir unha primeira época correspondente ao ano 1897 ou 1898 na mesma cidade. Incluía poemas e textos irónicos, de crítica e censura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Pola súa precaria situación familiar non puido chegar a recibir estudios superiores de música, se ben o seu talento levouno a unha ampla preparación autodidacta coa que pasou á historia da música teórica. Entre as súas obras destacan: Arte del canto llano para uso de los eclesiásticos, Secretos del arte musical, Obligaciones del maestro de música y deberes del discípulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido, sobre todo, pola novela autobiográfica Mijn woningen (Os meus domicilios, 1950-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cubano. Perfeccionista na forma, utilizou poeticamente palabras sen sentido (jitanjáfora). Publicou, entre outras obras, Solo de rosas (1941) e Tiempo en pena (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ourense. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Brullo, Burullo, Burullón e Borullo. As súas armas levan, en campo de goles, un vurullón coas roupas do neno recén nado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxoval do neno que vai nacer, xeralmente colocado nunha cesta de vime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco de dimensións moi variables que, durante os ss XVI, XVII e XVIII, se usou para incendiar barcos inimigos ou para destruír as obras dos portos e as pontes sobre os ríos. Navegaba, protexido por outros barcos, cunha pequena tripulación que o incendiaba e o abandonaba nunha embarcación menor, cando estaba preto de barcos inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Néboa lixeira, especialmente a que se forma sobre o mar.

    VER O DETALLE DO TERMO