brulote

brulote

(< fr brûlot)

s m [MAR]

Barco de dimensións moi variables que, durante os ss XVI, XVII e XVIII, se usou para incendiar barcos inimigos ou para destruír as obras dos portos e as pontes sobre os ríos. Navegaba, protexido por outros barcos, cunha pequena tripulación que o incendiaba e o abandonaba nunha embarcación menor, cando estaba preto de barcos inimigos.

Palabras veciñas

Brull, Mariano | Brullo | Brullón | brulote | 1 bruma | 2 bruma | Bruma