brulote
brulote
(< fr brûlot)
s
m
[MAR]
Barco de dimensións moi variables que, durante os ss XVI, XVII e XVIII, se usou para incendiar barcos inimigos ou para destruír as obras dos portos e as pontes sobre os ríos. Navegaba, protexido por outros barcos, cunha pequena tripulación que o incendiaba e o abandonaba nunha embarcación menor, cando estaba preto de barcos inimigos.