"Berà" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

    1. de liberar ou liberarse.

    2. Que está libre ou sen ningún tipo de compromiso.

    3. Aplícase ao membro dunha organización, especialmente política ou sindical, que traballa en exclusiva para ela, polo que percibe un salario polas súas funcións.

    4. Aplícase ás accións entregadas sen contraprestación monetaria, porque o seu valor foi cuberto por outros bens ou servicios prestados con anterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Liberato/Liberata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen libera.

    2. Mecanismo accionado por unha panca que deixa libre o carro dunha máquina de escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que demostra xenerosidade e desprendemento.

    2. Que é tolerante coas ideas e costumes dos demais e ás súas accións.

    3. Aplícase á persoa que é libre na súa forma de pensar e de actuar e aos seus actos.

      1. Relativo ou pertencente ao liberalismo ou ao Partido Liberal.

      2. Partidario ou seguidor do liberalismo, ou do Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político británico defensor por excelencia das teorías políticas e socio-económicas que predominaron durante a segunda metade do s XIX. Herdeiro dos whigs e da tradición radical, acadaron o seu máximo prestixio durante os gobernos reformistas de Gladstone (1868-1874, 1880-1885, 1886 e 1892-1894). A principios do s XX comezou a mostrar contradicións, e dividiuse nunha á dereita librecambista e nunha á esquerda socializante. A Primeira Guerra Mundial provocou unha división no partido entre A. Asquith e Lloyd George, feito que orixinou a súa derrota e permitiu que o Labour Party se convertese no segundo partido do Parlamento británico, mentres o Liberal Party pasou ao terceiro posto. Cunha escasa definición ideolóxica e sen un líder carismático, en 1981 estableceu unha alianza electoral co Social Democratic Party, que xurdira ese mesmo ano como unha escisión do laborismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario fundado en 1879 en Madrid polos ex-redactores de El Imparcial, que desapareceu en 1936. Voceiro dos liberais durante a Restauración, tivo redaccións autónomas en Barcelona, Sevilla e Bilbao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista italiano. Realizou as miniaturas do convento de Monteoliveto Maggiore (1467-1469) e da catedral de Siena (1470-1474), así como a decoración da capela Bonaversi en Sant’Anastasia, Verona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festas que se celebraban na antiga Roma o 17 de maio, en honor do deus Liber, divindade itálica da fertilidade e do viño que se identifica co deus Baco. Durante estas festividades os mozos vestían a toga viril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de liberal.

    2. Acto ou feito propio dunha persoa liberal.

    3. Disposición de bens a favor dunha persoa sen ningunha contraprestación desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de liberal.

    2. Doutrina e sistema que defende a liberdade política e económica e parte do recoñecemento da liberdade como un dereito para todos os homes. O seu sentido preciso cambia segundo o terreo específico ao que se refira (político, económico, relixioso) e modificouse considerablemente ao longo do tempo. Nas últimas etapas do Antigo Réxime considéranse liberais as correntes ideolóxicas da Ilustración e a actuación daqueles grupos políticos que loitaron contra a monarquía absoluta e os privilexios feudais. Neste estadio o liberalismo expresou as necesidades obxectivas de amplos sectores da sociedade e presentouse como un programa de loita común, aínda que baixo o control e a dirección da burguesía. Unha vez que acadaron os obxectivos inmediatos e despois da instalación da burguesía no poder, transformouse nunha fórmula que xustificou a conservación da nova orde establecida e que combateu as reivindicacións daqueles grupos sociais que consideraban insuficientes as liberdades conseguidas. O liberalismo...

    3. Doutrina e sistema económico que se basean na convicción de que a liberdade de todos os comportamentos individuais garanten, en virtude dunhas leis naturais inmutables da economía, unha produción óptima co mínimo custo posible. Consideraban que o afán de ganancia e o espírito de competencia individual concordaban cos intereses xerais e necesarios para o bo funcionamento da vida económica, e opoñíanse ao control da economía por parte do estado, que debía limitarse a asegurar a liberdade de contratación e o cumprimento da lei, sobre todo no que respecta á propiedade privada, e favorecer o libre xogo dos mecanismos do mercado. Os primeiros en expoñer teoricamente esta doutrina foron os fisiócratas, pero foi Adam Smith quen profundizou no principio da liberdade económica. A mediados do s XIX, o liberalismo económico adoptou unha forma extrema coa oposición á regulación do traballo nas fábricas. Os utilitaristas ingleses déronlle unha nova base económica ao liberalismo ao expoñer a noción do...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de liberalizar.

    2. Desregulación das transferencias internacionais de capitais feita por un estado ou por varios, como a UE ou a OCDE, e que tende a liberalizalas. Afecta aos controis de cambios, aos pagamentos e cobros, aos valores e ás contas bancarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que alguén recobre a liberdade.

      2. Devolver a liberdade a un territorio que estaba ocupado ou sometido.

      3. Facer que algo ou alguén quede libre dunha carga ou obriga.

      4. Quedar alguén libre de algo que o limita ou coarta.

      1. Levantar as cargas que pesan sobre unha cousa.

      2. Eximir a alguén do cumprimento dunha obriga.

    1. Emitir enerxía un sistema a costa de diminuír a súa enerxía total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa italiana, irmá de santa Faustina. Para fuxir dos matrimonios impostos pola súa familia fóronse co sacerdote Marcelo, atravesaron o río Po nunha barca e chegaron a Como, onde entraron nun convento. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir de orixe galega, filla de Lucio Castelio Severo, gobernador romano de Gallaecia, Lusitania e Calsia. Conta a lenda que para fuxir do pretendente que o pai lle asignara pregoulle a Deus que lle fixera medrar a barba, motivo polo que o pai a crucificou. A tradición galega converteuna nunha das oito irmás xemelgas de santa Eufemia e invócase como protectora dos partos. Na iconografía represéntase cravada nunha cruz, moza e fermosa, con barba ou sen ela, e aos seus pés pode haber un trobador. A súa festividade celébrase o 20 de xullo por ser a data en que se trasladaron as súas reliquias desde Sigüenza a Baiona (1515), vila da que é patroa. Na capela de santa Liberata atópase a súa imaxe nun nicho flanqueado polo escudo do antigo Reino de Galicia e o de Baiona. Na tradición oral recóllense ditos como: “Hei de ir ao señor san Cosme, / hei de ir e vir por Baiona, / ver á santa Liberata / na súa capilla nova”, “Os canteiros vanse, vanse, / para santa Liberata; / levan os petos ben...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e mártir. Morreu martirizado polos vándalos xunto á súa esposa. Na iconografía viste túnica e manto, e leva como atributos instrumentos de medicina. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal latino Liberatus, derivado de liberāre ‘liberar, ceibar’. Presenta as variantes Liberado/Librada. Destacan con este nome o mártir san Liberato (s V), que se celebra o 23 de marzo; santa Liberata de Como (s VI), que se celebra o 18 de xaneiro, e santa Liberata (s II), patroa do concello de Baiona, que se celebra o día 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para liberar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Profesor de antropoloxía nas universidades de Hull, Sheffield e Londres, realizou traballos de campo en Barbados sobre a educación e o cambio social. Ocupouse tamén do estudo da historia das ideas antropolóxicas e o fenómeno do nacionalismo en Europa occidental. Publicou Hacia una historia de las ciencias sociales (1981), The God of Modernity. The Development of Nationalism in Western Europe (1994) e Manual de Antropología Social (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO