liberado -da

liberado -da

(

  1. p reg

    de liberar ou liberarse.

  2. adx

    Que está libre ou sen ningún tipo de compromiso.

    Ex: Os reféns liberados foron recollidos pola policía. Mercou un teléfono móbil liberado, que funciona a través de calquera compañía.

  3. adx e s [POLÍT]

    Aplícase ao membro dunha organización, especialmente política ou sindical, que traballa en exclusiva para ela, polo que percibe un salario polas súas funcións.

  4. adx [ECON]

    Aplícase ás accións entregadas sen contraprestación monetaria, porque o seu valor foi cuberto por outros bens ou servicios prestados con anterioridade.

Palabras veciñas

Liber Sancti Jacobi | liberable | liberación | liberado -da | Liberado/Librada | liberador -ra | liberal